Monte Alba (03- 05 - 08)

sábado, 2 de agosto de 2008

1 comentarios  

En maio, un día despois do meu cumpreanos, fomos as tres rapazas e a parelliña dar unha volta ata o Monte Alba (en Vigo), lugar ó que había tempo que queriamos ir, xa que Irene nos dixera que era moi bonito.

Así que despois de comer e de que a parella librase, alá fomos.

Demos unha volta polo monte, disfrutando da bonita paisaxe que dende alí se pode observar, fixemos unhas cantas fotos, e xa para rematar, tomamos algo no bar que hai alí.

Foi curto, pero proveitoso, un respiro para todos nós no medio da rutina diaria, aproveitando tamén que Ali estaba aquí uns días.

Feria de Sevilla 2008

0 comentarios  



Este ano volvín a disfrutar da Feria de Sevilla, despois dun par de anos sen ir.

Fun de día e de noite, para ver o alumeado, que é moi bonito. Estiven por alí dando un paseo e facendo fotos, ceando, e cando xa era tarde, tomei un bo chocolate con churros, ou como lle chaman alí, calentitos (qué ricos estaban…).

Aproveitei esta estancia en Sevilla para ver unha fermosa exposición sobre a escritura otomana, traída dende Turquía. A exposición estaba no Alcázar de Sevilla (cómo me gusta este sitio…), así que xa que estaba alí din unha volta polo recinto, facendo algunha instantánea no Alcázar e no Patio de Banderas.

Tamén estiven nos Jardines de María Luísa, e na Plaza de España, como non, facendo fotos, igual que un día de tronada na que as nubes case asustaban do oscuras que estaban.

Faltan fotografías dos Jardines de María Luísa, que vos amosarei mais adiante, xa que agora non as teño preparadas.