O outro día (bueno, xa sabedes que sempre se di "o outro día" inda que xa pasase bastante tempo...), íamos facer a comida e abrín unha bolsa de patacas para fritir unhas poucas.
No medio de todas as patacas comúns, estaba ela: unha pataca contorneada, cunha fermosa forma. Era un corazón.
Agora entendo por qué ó corazón lle chaman pataca.
Pensei que o seu destino debía ser outro que acabar no prato servíndome de alimento. Así que salveina e púxena adornando a cociña.
Pero foi pasando o tempo, e empezouse a enrrugar, xa no
n era tan fermosa e corría o perigo de apodrecer. Entón, antes de que se puxese peor, decidín facer con ela o mesmo que coas demáis: comela.
Parece que o seu destino era ese, e non puiden cambialo inda que o tentei. ¿Pasará sempre o mesmo? ¿Teremos un destino fixado que non podemos modificar, ou ímolo cambiando ó longo do tempo coas nosas decisións?
Ahí vos deixo iso para que reflexionedes, e xa me contaredes.