Mostrando entradas con la etiqueta Viaxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Viaxes. Mostrar todas las entradas

O Rosal

martes, 2 de septiembre de 2008

0 comentarios  

A mediados de Xuño, Ire, Sil, Dami e eu, fomos visitar O Rosal, lugar no que estivo Dami uns días antes comprando viño, e díxonos que lle gustara moito.

Demos unha volta no coche vendo os viñedos (pouco mais hai que ver alí), e subimos a un mirador para ver a paisaxe. Despois acercámonos ata A Guardia, e tomamos un xelado nunha terraza frente a unha praia, moi bonita, por certo, coa praia de Camiña (Portugal) ó outro lado do mar.

Monte Alba (03- 05 - 08)

sábado, 2 de agosto de 2008

1 comentarios  

En maio, un día despois do meu cumpreanos, fomos as tres rapazas e a parelliña dar unha volta ata o Monte Alba (en Vigo), lugar ó que había tempo que queriamos ir, xa que Irene nos dixera que era moi bonito.

Así que despois de comer e de que a parella librase, alá fomos.

Demos unha volta polo monte, disfrutando da bonita paisaxe que dende alí se pode observar, fixemos unhas cantas fotos, e xa para rematar, tomamos algo no bar que hai alí.

Foi curto, pero proveitoso, un respiro para todos nós no medio da rutina diaria, aproveitando tamén que Ali estaba aquí uns días.

Á Coruña cos meus pais, (06.04.2008)

miércoles, 23 de julio de 2008

0 comentarios  

A principios de abril, fun cos meus pais de visita Á Coruña, xa que meu pai tiña ganas de ver a Torre de Hércules.

Saímos cedo da casa, e fomos tranquilamente pola estrada nacional (non tardamos moito mais que pola autopista).

Ó chegar visitamos a Torre de Hércules. Eu quedei dando un volta polos arredores mentres meus pais subían á Torre (eu xa subira o ano pasado, e pasei de subir outra vez).

A continuación fomos ver o Museo do Home, onde fixen as fotos nos espellos que deforman a imaxe. Ó sair buscamos un lugar para comer na cidade vella, e acabamos nunha tasca.

Despois de comer, visitamos o casco antigo da cidade, xunto co Axuntamento e a praza de María Pita co seu monumento, uns xardíns preto do mar, onde había monumentos en memoria de Curros Enríquez e Emilia Pardo Bazán, o porto, e miramos os famosos balcóns coruñeses.

Á tardiña volvemos para a casa, despois de pasar un bo día de paseo cos "papás", como faciamos cando eramos (eu e meu irmán) pequenos.

Qué bonito...

25º Cumpreanos de Silvia (O Porto)

2 comentarios  

O 24 de marzo, con motivo do 25º cumpreanos de Silvia, fomos visitar O Porto, cidade portuguesa que non coñeciamos, e da que case marchamos sen coñecer, por motivos que creo que xa sabedes todos, pero inda así recordaréivolo.

Chegamos alí á hora de xantar, case desfalecidos coa fame, así que o primeiro que fixemos foi buscar onde comer. O problema agrabouse porque non atopabamos nada, e acabamos comendo nun Mc Donalds, moi ó meu pesar.

Logo intentamos buscar o centro da cidade, e no camiño paramos na costa para facer unhas fotos. Aí foi onde a nosa viaxe se truncou, xa que a nosa queridísima amiguiña Silvia, no axetreo de sair do coche e deixar os bolsos dentro, deixou xunto co seu bolso as chaves do coche e cerrou o maleteiro.

Só tiñamos o meu movil, as cámaras de fotos, o DNI de Dami e uns 40€ que levaba Silvia no bolsillo.

Aquí comezou a odisea de chamadas, primeiro ós pais de Dami, para probar un método que Irene lera en internet para abrir o coche a través das ondas do movil; e despois ó seguro do coche, que non nos deu solucións. A Ire déuselle por cantar e bailar, inda que a min estábame poñendo negra.

Despois disto, por fin me fixeron caso e fomos buscar un taller para que nos abrisen o coche, ou romper un cristal para poder entrar. E seguiu a odisea, xa que non nos entendían á hora de preguntar por un taller, ata que atopamos un taxista que nos axudou. Levounos a un concesionario do coche de Dami, e despois de moito insistir, uns chavales que traballaban alí accederon a axudarnos. E en 5 minutos, ¡¡¡o coche estaba aberto!!!

Entre todo este lío, xa só nos dou tempo a dar unha pequena volta polo casco antigo de O Porto e facer un par de fotos.

Xa na casa deles, celebramos o cumpreanos de Silvia, e démoslle os regalos.

Pasámolo ben, a pesar do susto.

Xoves Santo 2008

0 comentarios  

O Xoves Santo, Ali, Ire e eu, saimos de mañan para pasar o día por aí. Non tiñamos rumbo fixo, e acabamos en Salvaterra do Miño (Pontevedra), que como o seu nome indica, atópase ó lado do río Miño, onde ten un parque e un paseo con carril bici pola súa ribeira.

Ó ver á xente dando voltas en bicicleta, entráronnos ganas de dar unha voltiña, e fomos alquilar unhas bicicletas (o Axuntamento déixaas gratis a cambio de rechear un impreso cos teus datos).

Comemos en Salvaterra, e despois cruzamos o río para visitar Monçao (Portugal).

Demos un paseo por Monçao, e a continuación dirixímonos a Arcos de Valdevez, pobo portugués que a Ire lle soaba de velo no Faro, e parecéralle bonito. Así que alá fomos… e a verdade é que non se equivocaba.

É un pobo que tamén se atopa ó lado dun río (parece que a cousa iba de ríos ese día J), ó lado do cal tomamos un xelado, como podedes ver nas fotos, despois de dar un paseo polo pobo e facer mais fotos.

Xa cansas, decidimos ir para a casa.

Foi un día agradable. Paseino moi ben a pesar de tanto conducir. Recoméndovos esta ruta; gustáronme moito estes sitios.

Martes e Mércores Santo do 2008

sábado, 12 de julio de 2008

4 comentarios  

O Martes Santo, Ire, Ali e eu, saímos a dar unha volta, inda que o día estaba de chuva, e case non saímos do coche.

Estivemos dando voltas no coche, en busca da Poza da Moura (en Domaio). Chegamos ata Chan da Arquiña, recorremos Domaio e arredores de cabo a rabo, fixemos unha parada no campo de golf (onde fixemos as fotos do arco da vella), e finalmente, despois de tanta volta, non atopamos a Poza, inda que Ali e eu cremos que está por un camiño polo que Ire non quiso meterse co coche.

Xa case de noite, atopamos uns muíños, e demos unha volta por alí.

Pola noite, despois da saída do traballo de Sil e Dami, fomos cear ó Gatañal, acompañados de Lore, Rubén, Cobas e a moza; e por último demos un paseíño por Cangas.

O Mércores Santo, as tres mozas acompañadas pola parella (que librou ese día), fomos de novo en busca da Poza da Moura, e efectivamente, estaba polo camiño que pensabamos. Atópase xusto pola parte de arriba do Corredor do Morrazo. Ten moi boas vistas, e é un sitio bastante bonito. Alí estivemos un rato, e despois fomos tomar algo a un bar de Domaio.

Foron dous días moi divertidos.

Verán 2007

0 comentarios  



O verán do 2007 paseino tamén en Sevilla, inda que esta vez estiven traballando, e aproveitando o tempo libre para descansar e disfrutar do verán.

As primeiras fotos que vos mostro, son dun pub de Punta Umbría (Huelva) que se chamaba Bruxas, e como vedes, ten unha bruxa con escoba e todo. Pareceume curioso.

Ese verán tamén fixen unha pequena viaxe a Galicia, a principios de setembro, visitando, entre outros, Vigo, Pontevedra, Cambados, O Grove e o seu Acuarium, Carballiño e outros pobos de Ourense, Finisterre, Camariñas... e como non, o meu pobo: Bueu, aproveitando para visitar algúns dos meus amigos.
Paseino moi ben na viaxe ( a verdade é que a compañía era perfecta), a pesar do longo que se fixo o camiño (os portugueses conducen fatal).

Xa en Sevilla, fun visitar a Casa Pilatos, que está cerquiña de donde vivimos, aproveitando que había "xornadas de portas abertas" e a entrada era gratuita, xa que normalmente é bastante cara para o que hay que ver. Está mal conservada, a pesar de ser privada e cobrar entrada.

Foi un verán moi bo, a pesar de traballar.

Aveiro (Portugal)

domingo, 15 de junio de 2008

4 comentarios  



En abril de 2007 fomos de viaxe a Aveiro (Portugal), tamén coñecida como a Venecia portuguesa (polas súas barcas típicas, que teñen certo parecido coas góndolas e os seus canais), inda que eu creo que non ten punto de comparación.
A viaxe fíxose un pouco longa, pero inda así pasámolo ben. Demos un paseo pola cidade, comemos uns bocadillos nun parque, e fixemos unha viaxe nunha barca típica da zona pola ria( inda que a verdade a min non me gustou moito o paseo en barco, pasamos moito frío, aparte de pequenas molladuras polas salpicaduras da auga).
Tamén visitamos a estación de autobuses, con paredes cheas de azulexos azuis que amosaban diferentes oficios da cidade(ou pobo), e as praias.
Pasámolo moi ben, inda que acabamos cansos de tanto coche.

Aquí vos deixo unha mostra das fotos que fixemos nesta viaxe, a ver se vos gustan. A última foto é a cara de pena de Dami por non poder vir.

Ribada 2007

jueves, 5 de junio de 2008

2 comentarios  



Neste ano fomos por primeira vez á festa da Ribada, en Baiona. É unha festa medieval na que se conmemora a chegada ó pobo da carabela Pinta. Baiona transfórmase nun pobo medieval, engalanado con todo tipo de adornos do medievo, e con postos de todo tipo: comida, produtos artesanais, coiro, cestería... Ó fin da festa, poñen fogos artificiais na praia (que vos mostro nas fotos).
Gústanme moito as festas medievais, e ésta está moi ben. Recoméndovola a todos.

Concurso de Baile.

4 comentarios  


Uns días despois da nosa excursión, acompañamos a Dami a un concurso de baile á Estrada.

De camiño paramos de novo na Fervenza e Fábrica da Luz, para amosarlla a Dami, que non puido vir con nós por motivos de traballo; e de seguido fomos para A Estrada, a comer e a ver os grupos de baile participantes. A verdade é que non recordo quenes foron premiados, como xa hai bastante tempo... se o queredes poñer nos comentarios, se alguén se acorda...

Excursión (marzo 2007)

miércoles, 4 de junio de 2008

6 comentarios  



Esta vez saímos de excursión buscando unha serie de sitios que non atopamos. Pero inda así, pasamos un bo día, xa que atopamos outros polo camiño que tamén eran fermosos.

Primeiro estivemos nas Fervenzas da Fábrica da Luz, en Caldas de Reis, dando unha volta polos arredores, e ríndonos unha chea, cando Ali esvarou no verdín e manchouse todo o pantalón. Foi un acontecemento inesperado que nos inspirou toda unha tarde de cachondeo sobre o tema.

Comemos en Lalín, e despois dirixímonos a Monterroso. Nun pobo de paso, atopámonos cuns bois pola rúa, cousa que xa é rara de atopar, e como non, tivemos que fotografiala, igual que unha inscripción moi curiosa na porta dun cemiterio (fixádevos na foto, é moi curioso).

Como vedes, foi un día movidiño, moito coche dun lado para outro, e pasámolo moi ben.

Carmona (enero 2007)

sábado, 17 de mayo de 2008

3 comentarios  



Uns dias antes de volver para a miña casa, despois das vacacións do Nadal, fomos visitar Carmona (en Sevilla).

É un pobo moi bonito e acolledor, e con moita historia (déixovos o enlace por se queredes votarlle unha ollada). A igrexa ten un campanario ó que chaman A Xiralda de Carmona, polo seu parecido. Tamén ten un parador, precioso, onde tomamos café.

Recoméndovos que pasedes por alí, seguro que vos encanta.

A Coruña (Decembro 2006)

jueves, 8 de mayo de 2008

10 comentarios  



Uns días antes do Nadal, fomos de visita Á Coruña. Chegamos tarde alí, á hora de xantar, así que foi o primeiro que fixemos.

Acto seguido fomos á Torre de Hércules, e como queriamos entrar no faro e xa ía pechar, subimos a toda presa as 230 escadas que ten, chegamos arriba esgotadas, deleitámonos coa posta de sol, e correndo de novo para saír.

Tamén visitamos a Cidade Vella, que é unha parte do casco antigo da cidade, xa de noite.

Tomamos un café para quentar o corpo, e de volta para a casa.

Pasei moi bo día con elas por aí de viaxe.

Melón (Ourense, 2006)

1 comentarios  


Un día de decembro, Ali e eu decidimos ir dar unha volta por aí, e emprendemos a viaxe rumbo a Ourense, pero paramos moito antes de chegar, nun pobo pequeniño chamado Melón, xusto ó entrar na provincia.
Ese día facía frío, e estaba todo cuberto da xeada da noite, como podedes observar pola nosa indumentaria nas fotos.

Alí visitamos a fervenza do Tourón, no río Cerves. Costa un pouco chegar, xa que hai que seguir unha ruta a pé, pero vale a pena.

Despois estivemos nas ruínas dun antigo mosteiro, que polo que se ve, debeu ser moi fermoso, porque inda o segue sendo, a pesar do seu estado. (Din que van facer un parador ou hotel alí).

Ese día tamén nos acercamos a Ribadavia (onde comemos). É unha vila que me gusta moito. Estivemos paseando polo barrio xudeo, e despois dirixímonos hacia o castro de San Cibrán de Lás (que non demos poucas voltas para atopalo...), e xa por último visitamos o Mosteiro de San Clodio, inda que xa era de noite e non se miraba moito.

Paseino ben ese día, inda que acabei cansa de tanto paseo.

Catoira (Xuño 2006)

viernes, 25 de abril de 2008

1 comentarios  



En xuño do 2006, Alicia, Irene, Patri e eu, fomos con parte do grupo Trompos os pes de Marín a unha xuntanza de xente maior en Catoira.
A reunión foi nunha carballeira (que calquera atopa se non a coñeces...). Alí xantamos, e despois, como non, fíxose festiña. Gaitas, tambores, bombos e as voces de algúns dos asistentes amenizaron a tarde, e animaron ó baile.
Foi unha boa tarde nun sitio tranquilo. Pasámolo moi ben.

PONFERRADA (Semana Santa 2006)

martes, 22 de abril de 2008

1 comentarios  



Na Semana Santa do 2006, cambiamos a nosa viaxe a Lugo pola de Ponferrada (León), terra de Templarios.
Foi unha viaxe planeada a última hora, polo que nos resultou difícil atopar aloxamento, e acabamos nunha pensión moi cutre.
É un lugar moi fermoso, ou polo menos así nolo pareceu o nós, e pasámolo moi ben. O día que chegamos, dando unha pequena volta de recoñecemento, atopámonos cunha procesión que impresionou moito a Ali, porque nunca vira unha de noite.

Ó día seguinte, fomos a
Las Médulas (declaradas Patrimonio da Humanidade pola sua riqueza paisaxística y arquelóxica. Foron a explotación aurífera mais grande do Imperio Romano).

Cansámonos de andar baixo un sol abrasador (e de feito acabamos queimadas, como veredes nas fotos), pero a verdade é que valeu a pena, inda que tivesemos que aturar a Irene dicindo que tiña queimaduras de 3º grao.
Comemos nun parque e paseamos pola zona monumental do pobo, visitando o
Castelo, a praza do axuntamento, a Torre do Reloj, e vendo outra procesión.
Xa pola noite quedamos con Yesica (unha amiga de Ali) e o seu mozo Felipe, quen nos dixo os lugares que podiamos visitar por esa zona.

O venres visitamos os pobos indicados por Felipe:
Castropomade, Molinaseca, o embalse do rio Bárcena, o Palacio de Canedo (agora convertido en casa rural, cunhas bodegas impresionantes) e Villafranca del Bierzo. Todos eles moi fermosos. Pasamos un bo dia de pobo en pobo.

O sábado, xa de volta a casa, decidimos pasar por Lugo, para saudar os amigos do curso, e de paso paramos a ver as
pallozas.

Foi unha boa viaxe.

A visita dun bo amigo.

jueves, 27 de marzo de 2008

0 comentarios  



En agosto, veu a visitarme un amigo das terras lexanas do sur, e fixen de guía turística por distintos lugares de Galicia. Visitamos Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ourense, a Praia das Catedrais (Lugo), as fervenzas do Toxa (Silleda), A Fraga (Meira), Baiona coa Virxe da Roca, Monteferro, Tui... e outros lugares que agora mesmo non recordo.
Foron uns dias moi especiais e intensos, e ese amigo, co tempo, foise convertindo nunha persoa moi importante na miña vida; tanto, que cada vez se me fai mais difícil estar lonxe del, e non poder miralo a miúdo, e disfrutar da súa compañía.

Nestas viaxes por Galicia non levei a miña cámara, así que as fotografías (inda que non moi entretidas, pois só saio eu) que ilustran estes días son de José Manuel, coñecido profesionalmente como J.M. "Silva".

Asturias, só rapazas

sábado, 15 de marzo de 2008

3 comentarios  


En Xullo de 2004, volvemos as tres a Asturias polo Festival de bandes de Gaites, na que participan agrupacións asturianas, galegas, escocesas...
Pasámolo moi ben. Comemos a maioría das veces no restaurante dos primos de Alicia e Irene, El Portalón de Olalla, que pese á nosa reticencia acabamos por non poder resistirnos á sua insistencia nin ó ben que se come alí.
Durmimos no colexio do pobo, que foi acondicionado con liteiras para os grupos participantes no festival, e que gracias ós seus primos, tamén puidemos ocupar nós.
Dedicamos o tempo a visitar os pobos próximos a Candás, como Luanco, Cabo de Peñas, Avilés... aparte de disfrutar do festival de gaitas e do bo ambiente que se respira neste pequeno pobo asturiano.
Tamén disfrutamos da compañía dos primos das dúas, sobre todo da pequena, coa que o pasabamos moi ben.
Foi unha viaxe inolvidable para min.

As Gándaras de Budiño

miércoles, 12 de marzo de 2008

0 comentarios  



Despois do noso primeiro intento fallido de achegarnos ás Gándaras de Budiño, en Porriño, volvemos intentalo un día as tres: Ali, Ire e eu. ¡E conseguímolo! Demos con elas despois dunha pequena volta en coche polo polígono industrial das Gándaras. É un lugar para os amantes da ormitoloxía, xa que alí poden observar moitas variedades de paxaros e aves, según di nos carteis que atopamos, inda que nós non miramos moito por alí. Igual non era boa época...

Pero o que sí vimos foi a comida que levabamos, que demos boa conta dela. Foi vista e non vista... :P

Estas son as únicas imaxes que temos dese caluroso día.

Monte Aloia

domingo, 9 de marzo de 2008

0 comentarios  


Un día de xuño do 2004, intentando atopar as Gándaras de Budiño (entre Vigo e Porriño), cansados de dar mil voltas no coche e non chegar a ningún sitio, decidimos cambiar de rumbo, e acercarnos ata o Monte Aloia, en Tui. No camiño, tivemos un pequeno percance no coche, e nunha isleta, a nosa conductora Ali reventou unha roda (jajajaja, qué risas nos votamos), e tivemos que deternos a cambiala (hai imaxes ilustrativas dese momento).
Despois desa pequena parada obrigatoria, seguimos o noso camiño ata chegar a Tui. No monte dedicámonos a xogar coma pequenos no parque que hai alí, e a pasear e disfrutar das vistas á desembocadura do Miño.
Pasamos un bo dia, a pesar de non conseguir chegar a onde queriamos nun principio, pero ese outro destino estivo moi ben tamén.