Monte Alba (03- 05 - 08)

sábado, 2 de agosto de 2008

 

En maio, un día despois do meu cumpreanos, fomos as tres rapazas e a parelliña dar unha volta ata o Monte Alba (en Vigo), lugar ó que había tempo que queriamos ir, xa que Irene nos dixera que era moi bonito.

Así que despois de comer e de que a parella librase, alá fomos.

Demos unha volta polo monte, disfrutando da bonita paisaxe que dende alí se pode observar, fixemos unhas cantas fotos, e xa para rematar, tomamos algo no bar que hai alí.

Foi curto, pero proveitoso, un respiro para todos nós no medio da rutina diaria, aproveitando tamén que Ali estaba aquí uns días.

1 comentarios:

ireniña dijo...

Un bonito día, é un bonito lugar... o certo e que teño moi bonitos recordos do monte alba. Sempre terei grabado no meu recordo o primeiro día que pisei ese monte...
Espero que non esteas pasando moita calor...
Biquiños...