Catoira (Xuño 2006)

viernes, 25 de abril de 2008

1 comentarios  



En xuño do 2006, Alicia, Irene, Patri e eu, fomos con parte do grupo Trompos os pes de Marín a unha xuntanza de xente maior en Catoira.
A reunión foi nunha carballeira (que calquera atopa se non a coñeces...). Alí xantamos, e despois, como non, fíxose festiña. Gaitas, tambores, bombos e as voces de algúns dos asistentes amenizaron a tarde, e animaron ó baile.
Foi unha boa tarde nun sitio tranquilo. Pasámolo moi ben.

FERIA DE ABRIL 2006

miércoles, 23 de abril de 2008

0 comentarios  



No 2006 tamén fun á Feria de abril de Sevilla. Paseino moi ben.

Nos dias que votei en Sevilla, tamén fun á praia a Punta umbría (Huelva), e a Aracena, un pobo da serra de Huelva, famoso polo bo xamóne chacinas. Móstrovolas nunha foto, para que miredes a boa pinta que teñen. e nin vos digo o boas que están...

PONFERRADA (Semana Santa 2006)

martes, 22 de abril de 2008

1 comentarios  



Na Semana Santa do 2006, cambiamos a nosa viaxe a Lugo pola de Ponferrada (León), terra de Templarios.
Foi unha viaxe planeada a última hora, polo que nos resultou difícil atopar aloxamento, e acabamos nunha pensión moi cutre.
É un lugar moi fermoso, ou polo menos así nolo pareceu o nós, e pasámolo moi ben. O día que chegamos, dando unha pequena volta de recoñecemento, atopámonos cunha procesión que impresionou moito a Ali, porque nunca vira unha de noite.

Ó día seguinte, fomos a
Las Médulas (declaradas Patrimonio da Humanidade pola sua riqueza paisaxística y arquelóxica. Foron a explotación aurífera mais grande do Imperio Romano).

Cansámonos de andar baixo un sol abrasador (e de feito acabamos queimadas, como veredes nas fotos), pero a verdade é que valeu a pena, inda que tivesemos que aturar a Irene dicindo que tiña queimaduras de 3º grao.
Comemos nun parque e paseamos pola zona monumental do pobo, visitando o
Castelo, a praza do axuntamento, a Torre do Reloj, e vendo outra procesión.
Xa pola noite quedamos con Yesica (unha amiga de Ali) e o seu mozo Felipe, quen nos dixo os lugares que podiamos visitar por esa zona.

O venres visitamos os pobos indicados por Felipe:
Castropomade, Molinaseca, o embalse do rio Bárcena, o Palacio de Canedo (agora convertido en casa rural, cunhas bodegas impresionantes) e Villafranca del Bierzo. Todos eles moi fermosos. Pasamos un bo dia de pobo en pobo.

O sábado, xa de volta a casa, decidimos pasar por Lugo, para saudar os amigos do curso, e de paso paramos a ver as
pallozas.

Foi unha boa viaxe.

Sanamedio 2005.

viernes, 4 de abril de 2008

1 comentarios  



Como é costume xa, no día das Letras Galegas, fomos de romaría a Sanamedio, onde actuaba o grupo de baile Retrouso de Cela, ó que eu pernencín durante moitos anos. Así que como xa non bailaba, adiqueime a disfrutar do baile e a facer algunha que outra foto, que aquí vos mostro.

Feria de Sevilla 2005

jueves, 3 de abril de 2008

0 comentarios  



No 2005 fun por primeira vez a La feria de Sevilla, da que tanto se fala. É unha semana de moita festa, moito comer e moi pouco descanso. O luns ás 12 da noite é o encendido da "portada", que é como a porta principal da feria, que cada ano simboliza un monumento de Sevilla ou un acto importante dese ano na cidade. Este ano a portada da feria foi adicada ó centenario do Sevilla C.F. A portada está adornada con miles de luces de cores, igual que as rúas da feria con miles de farolillos de cores.
É coma un pequeno barrio, no que cada rúa ten un nome (que neste caso é sempre de toreiro) e as casetas son como as casas, ataviadas con todo tipo de detalles.
A maioría das casetas son privadas, inda que tamén as hai públicas nas que pode entrar todo o que queira. E como non, tamén está a caseta do Lar gallego, e outras con nomes graciosos, como vos mostro nas fotos.

As carretas de cabalos adornadas tamén son típicas da feria.
Tamén hai unhas casetas xitanas nas que éstes se dedican a facer buñuelos, que é típico comelos de madrugada, despois de tanta juerga.
Ó anoitecer é moi fermoso, xa que o ceo torna nunha cor azul añil, e coa luz dos farolillos o contraste é moi bonito.


Despois da feria volvín a Sevilla no verán, data da cal é esta foto, que o votei todiño alí, e tamén en fin de ano.

Primeira viaxe a Sevilla.

miércoles, 2 de abril de 2008

0 comentarios  



Despois da visita de José Manuel, o meu "amigo" sevillano, invitoume a ir a sua terra, e en setembro, alá fun. Veume buscar en coche e fixemos a viaxe de volta por Portugal. Paramos en Leiría, un pobo portugués no que hai un castelo que visitamos, inda que coma todos os castelos, non ten moito que mirar. Despois dirixímonos hacia Badajoz, onde pernoctamos esa noite.
Ó día seguinte visitamos Mérida, unha fermosa cidade digna de ser visitada. Alí desfrutamos da súa gastronomía (teñen un xamón exquisito). E xa fomos para Sevilla.
Dende alí visitamos Cádiz (La Caleta, a praia por excelencia desa cidade, moi bonita, cunha posta de sol preciosa); Granada (o barrio de Sacromonte, con vistas á Alhambra, Sierra Nevada, que inda que non estaba cuberta de neve, non perdía a fermosura das montañas), Huelva ( La Rábida coas caravelas de Colón), Ronda ( precioso pobo de Málaga), e como non, Sevilla, esa fermosa cidade que me namorou dende o primeiro día desta viaxe, con tantos recunchos cheos de encanto que ver, como a Giralda, a Catedral, a Judería, o Real Alcazar, a Plaza de España, os Jardines de María Luísa, e mil sitios mais...
Tampouco teño fotos miñas que poñer neste artículo, pero creo que só con imaxinarse o que vivín, non fai falta mais.
Foi unha viaxe para non olvidar.

Pronto volvín por Sevilla, en fin de ano. E seguirei indo.