PONFERRADA (Semana Santa 2006)

martes, 22 de abril de 2008

 



Na Semana Santa do 2006, cambiamos a nosa viaxe a Lugo pola de Ponferrada (León), terra de Templarios.
Foi unha viaxe planeada a última hora, polo que nos resultou difícil atopar aloxamento, e acabamos nunha pensión moi cutre.
É un lugar moi fermoso, ou polo menos así nolo pareceu o nós, e pasámolo moi ben. O día que chegamos, dando unha pequena volta de recoñecemento, atopámonos cunha procesión que impresionou moito a Ali, porque nunca vira unha de noite.

Ó día seguinte, fomos a
Las Médulas (declaradas Patrimonio da Humanidade pola sua riqueza paisaxística y arquelóxica. Foron a explotación aurífera mais grande do Imperio Romano).

Cansámonos de andar baixo un sol abrasador (e de feito acabamos queimadas, como veredes nas fotos), pero a verdade é que valeu a pena, inda que tivesemos que aturar a Irene dicindo que tiña queimaduras de 3º grao.
Comemos nun parque e paseamos pola zona monumental do pobo, visitando o
Castelo, a praza do axuntamento, a Torre do Reloj, e vendo outra procesión.
Xa pola noite quedamos con Yesica (unha amiga de Ali) e o seu mozo Felipe, quen nos dixo os lugares que podiamos visitar por esa zona.

O venres visitamos os pobos indicados por Felipe:
Castropomade, Molinaseca, o embalse do rio Bárcena, o Palacio de Canedo (agora convertido en casa rural, cunhas bodegas impresionantes) e Villafranca del Bierzo. Todos eles moi fermosos. Pasamos un bo dia de pobo en pobo.

O sábado, xa de volta a casa, decidimos pasar por Lugo, para saudar os amigos do curso, e de paso paramos a ver as
pallozas.

Foi unha boa viaxe.

1 comentarios:

a de queimaduras de 3º grado dijo...

que bunitos recordos... o certo é que a pesar de ser unha das protagonistas xa non me acordaba xa dos nomes dos lugares nos que estivemos... o certo e que gracias a ti doume contas das muitas cousas que fixemos xuntas. Biquiños.