Carmona (enero 2007)

sábado, 17 de mayo de 2008

3 comentarios  



Uns dias antes de volver para a miña casa, despois das vacacións do Nadal, fomos visitar Carmona (en Sevilla).

É un pobo moi bonito e acolledor, e con moita historia (déixovos o enlace por se queredes votarlle unha ollada). A igrexa ten un campanario ó que chaman A Xiralda de Carmona, polo seu parecido. Tamén ten un parador, precioso, onde tomamos café.

Recoméndovos que pasedes por alí, seguro que vos encanta.

Nadal en Sevilla.

3 comentarios  



Despois do día do Nadal do 2006, viaxei de novo a Sevilla para pasar alí uns días, ata despois de Reis.

Aquí vos mostro algunhas fotos que fixen da cabalgata de reis, e dunha pequeniña que fan o dia 6 de xaneiro pola mañan nun barrio (San Esteban), e tamén do alumeado de Nadal que puxeron ese ano.

A ver se vos gustan.

A Coruña (Decembro 2006)

jueves, 8 de mayo de 2008

10 comentarios  



Uns días antes do Nadal, fomos de visita Á Coruña. Chegamos tarde alí, á hora de xantar, así que foi o primeiro que fixemos.

Acto seguido fomos á Torre de Hércules, e como queriamos entrar no faro e xa ía pechar, subimos a toda presa as 230 escadas que ten, chegamos arriba esgotadas, deleitámonos coa posta de sol, e correndo de novo para saír.

Tamén visitamos a Cidade Vella, que é unha parte do casco antigo da cidade, xa de noite.

Tomamos un café para quentar o corpo, e de volta para a casa.

Pasei moi bo día con elas por aí de viaxe.

Melón (Ourense, 2006)

1 comentarios  


Un día de decembro, Ali e eu decidimos ir dar unha volta por aí, e emprendemos a viaxe rumbo a Ourense, pero paramos moito antes de chegar, nun pobo pequeniño chamado Melón, xusto ó entrar na provincia.
Ese día facía frío, e estaba todo cuberto da xeada da noite, como podedes observar pola nosa indumentaria nas fotos.

Alí visitamos a fervenza do Tourón, no río Cerves. Costa un pouco chegar, xa que hai que seguir unha ruta a pé, pero vale a pena.

Despois estivemos nas ruínas dun antigo mosteiro, que polo que se ve, debeu ser moi fermoso, porque inda o segue sendo, a pesar do seu estado. (Din que van facer un parador ou hotel alí).

Ese día tamén nos acercamos a Ribadavia (onde comemos). É unha vila que me gusta moito. Estivemos paseando polo barrio xudeo, e despois dirixímonos hacia o castro de San Cibrán de Lás (que non demos poucas voltas para atopalo...), e xa por último visitamos o Mosteiro de San Clodio, inda que xa era de noite e non se miraba moito.

Paseino ben ese día, inda que acabei cansa de tanto paseo.

Verán 2006 (Sevilla)

miércoles, 7 de mayo de 2008

0 comentarios  


O verán de 2006 paseino enteiriño en Sevilla.

Dediqueime a ir á praia a Punta Umbría (Huelva), a pescar na praia e no Dique de Juan Carlos I (tamén en Huelva), no que hai salinas moi fermosas ó anoitecer; fun á Velá de Triana (que é un feria pequena que fan no barrio de Triana, moi bonita tamén, a carón do rio Guadalquivir), e a visitar algún que outro pobo.

Estiven en Gibraltar (na puntiña de Cádiz), un sitio un tanto inóspito para min, a verdade é que non me gustou nadiña, só hai tendas, a maioría de árabes, e nada baratas (só o alcohol e o tabaco), turistas por un tubo e monos.

Tamén estiven en Medina Sidonia e en Alcalá de los Gazules (dous pobos do interior de Cádiz). Alcalá de los Gazules é un pobo situado nun pequeno outeiro, polo que todo son costas arriba e abaixo.
Medina Sidonia gustoume moito. É un pobo pequeniño, no medio da meseta, todo branco (coma todos típicos pobos de Andalucía), cunha praciña central no axuntamento moi acolledora, e un pasteis... que nin vos quero contar...

Foi un verán completiño, non parei de facer cousas, e paseino moi ben.