Verán 2006 (Sevilla)

miércoles, 7 de mayo de 2008

 


O verán de 2006 paseino enteiriño en Sevilla.

Dediqueime a ir á praia a Punta Umbría (Huelva), a pescar na praia e no Dique de Juan Carlos I (tamén en Huelva), no que hai salinas moi fermosas ó anoitecer; fun á Velá de Triana (que é un feria pequena que fan no barrio de Triana, moi bonita tamén, a carón do rio Guadalquivir), e a visitar algún que outro pobo.

Estiven en Gibraltar (na puntiña de Cádiz), un sitio un tanto inóspito para min, a verdade é que non me gustou nadiña, só hai tendas, a maioría de árabes, e nada baratas (só o alcohol e o tabaco), turistas por un tubo e monos.

Tamén estiven en Medina Sidonia e en Alcalá de los Gazules (dous pobos do interior de Cádiz). Alcalá de los Gazules é un pobo situado nun pequeno outeiro, polo que todo son costas arriba e abaixo.
Medina Sidonia gustoume moito. É un pobo pequeniño, no medio da meseta, todo branco (coma todos típicos pobos de Andalucía), cunha praciña central no axuntamento moi acolledora, e un pasteis... que nin vos quero contar...

Foi un verán completiño, non parei de facer cousas, e paseino moi ben.

0 comentarios: