Sempre en Galiza - A.R.Castelao

domingo, 21 de septiembre de 2008

5 comentarios  

"Disque unha tribo de alma viaxeira enfiou o roteiro do sol, e, anda, anda, chegou ao cabo do mundo, á nosa Fisterra, onde ficou varada de asombro, ante a inmensidade e o infindo.
E velahí como a alma viaxeira dunha tribo de Oriente enraizou os seus anceios de coñecemento na pedra ígnea do noso chan e formou a primeira capa da nosa nación. Disque outras tribos de alma viaxeira foron chegando, polo mesmo camiño, á nosa Fisterra, e alí vararon os seus anceios, a comtemplaren o sol mergullándose nas augas do mar: un dos maiores misterios da antigüidade, o misterio que enxendrou o “terror clásico”.
Todos seguían o roteiro do sol (o mesmo camiño que despois seguiron as civilizacións) e todos chegaban á Fisterra, e dende alí só as almas podían camiñar en procura da verdade.
Contan que a nosa Fisterra era o peirao en que se embarcaban as almas dos mortos para proseguiren o anceio dos vivos (as arelas de coñecemento obrigaban a andar, e só no cabo do mundo xurdía o inescrutábel alén). Disque a nosa Terra foi invadida por uns homes barudos que traballaban os metais e que se consideraban fillos do deus da morte, en honor do cal contaban o tempo por noites, e que esta tribo domeñou o “mar tenebroso” e chegou a Irlanda, para crear dende alí un novo imposíbel: o de retonar ás orixes.
E así o Pai Sol, que todos os días percorría a vouta do ceo, levado en triunfo polos cabalos astrais, retornaba morto todas as noites ó berce das orixes, para que se acendese cada mañá en chamas e comenzase de novo a súa carreira triunfal, a sementar a vida no mundo.
Esta é a lenda, que decote se adovía con mil pantasías poéticas; mais despois veu a historia e por ela sabemos que outros pobos diferentes chegaron á nosa Fisterra e que lle infundiron novo carácter; pero ningún invasor foi capaz de roubarlle a alma viaxeira, que xa camiñaba en direccións opostas do mesmo camiño: cara ao alén e cara ás orixes.
...
Todos os pobos que se asomaron á nosa Fisterra sentiron arelas de traspor aqueles horizontes visibles e inasequibles, e foi, xustamente, o anceio do “alén mar” o que descubriu este novo mundo, polo que agora navegan as miñas dores e as miñas esperanzas.
...
Vai para moitos anos que un artista andaluz me dixo no peirao de Vigo, vendo erguer áncoras a un trasatlántico: “Os españois botan raíces na terra, coma se fosen árbores; mais as vosas raices son elásticas, de tanta elasticidade que vos deixan dar mil voltas ao redor do mundo”. Aquel artista andaluz falou así despois de ver aos emigrantes galegos subiren as escadas do vapor con aire de turistas de terceira clase, seguros do retorno.
...
Hai unha forza que nos empurra cara ao mundo e outra que nos xungue á terra nativa, pois se os camiños nos tentan a camiñar é porque deixamos unha luz acesa sobor da casa en que fomos nados, e alí nos agarda o fin da vida. Andar, andar, andar, e no remate do traballos devolverlle á Terra o corpo que ela nos emprestou."

Conxunto Arqueolóxico de Itálica

martes, 2 de septiembre de 2008

4 comentarios  

O 26 de agosto fomos de visita fotográfica ó Conxunto Arqueolóxico de ITÁLICA (Santiponce - Sevilla), que foi o primeiro asentamento permanente romano ó sur da Península, e onde naceron emperadores como Trajano e Adriano.

Este conxunto está formado polas ruinas dunha cidade romana, nas que se poden ver varios mosaicos pertencentes á Casa de Neptuno, Los Pájaros e do Planetario; as Termas e o Anfiteatro; das cales son as fotografías que vos amoso deste post, e que acompaño con algunha fotografía miña, que como vedes, estiven fotografiando cunha cámara profesional.

A experiencia foi moi boa. Non ten nada que ver coas compactas. Qué maravilla.

Espero que vos guste o sitio, a min a verdade decepcionoume un pouco, pensei que ia estar mellor, moitas das estatuas e demáis restos están no Museo Arqueolóxico de Sevilla.

O Rosal

0 comentarios  

A mediados de Xuño, Ire, Sil, Dami e eu, fomos visitar O Rosal, lugar no que estivo Dami uns días antes comprando viño, e díxonos que lle gustara moito.

Demos unha volta no coche vendo os viñedos (pouco mais hai que ver alí), e subimos a un mirador para ver a paisaxe. Despois acercámonos ata A Guardia, e tomamos un xelado nunha terraza frente a unha praia, moi bonita, por certo, coa praia de Camiña (Portugal) ó outro lado do mar.

Sanamedio 2008

0 comentarios  

O 17 de Maio, día das Letras Galegas, e como é xa tradición, o grupo de baile Retroouso de Cela actuou en Sanamedio (Beluso).

Uns foron comer alí, outros chegaron para a actuación, e Ali e eu, a medias. Despois de comer no Lambedeiro con Silvia e Dami, e de tomar un café tranquilamente na praia de Beluso, fomos ata Sanamedio, onde xa estaban moitos do grupo facendo festa.

Disfrutamos da actuación do grupo de baile, e despois xa nos fomos, e a verdade é que non recordo o que fixemos despois, se é que fixemos algo. :)