25º Cumpreanos de Silvia (O Porto)

miércoles, 23 de julio de 2008

 

O 24 de marzo, con motivo do 25º cumpreanos de Silvia, fomos visitar O Porto, cidade portuguesa que non coñeciamos, e da que case marchamos sen coñecer, por motivos que creo que xa sabedes todos, pero inda así recordaréivolo.

Chegamos alí á hora de xantar, case desfalecidos coa fame, así que o primeiro que fixemos foi buscar onde comer. O problema agrabouse porque non atopabamos nada, e acabamos comendo nun Mc Donalds, moi ó meu pesar.

Logo intentamos buscar o centro da cidade, e no camiño paramos na costa para facer unhas fotos. Aí foi onde a nosa viaxe se truncou, xa que a nosa queridísima amiguiña Silvia, no axetreo de sair do coche e deixar os bolsos dentro, deixou xunto co seu bolso as chaves do coche e cerrou o maleteiro.

Só tiñamos o meu movil, as cámaras de fotos, o DNI de Dami e uns 40€ que levaba Silvia no bolsillo.

Aquí comezou a odisea de chamadas, primeiro ós pais de Dami, para probar un método que Irene lera en internet para abrir o coche a través das ondas do movil; e despois ó seguro do coche, que non nos deu solucións. A Ire déuselle por cantar e bailar, inda que a min estábame poñendo negra.

Despois disto, por fin me fixeron caso e fomos buscar un taller para que nos abrisen o coche, ou romper un cristal para poder entrar. E seguiu a odisea, xa que non nos entendían á hora de preguntar por un taller, ata que atopamos un taxista que nos axudou. Levounos a un concesionario do coche de Dami, e despois de moito insistir, uns chavales que traballaban alí accederon a axudarnos. E en 5 minutos, ¡¡¡o coche estaba aberto!!!

Entre todo este lío, xa só nos dou tempo a dar unha pequena volta polo casco antigo de O Porto e facer un par de fotos.

Xa na casa deles, celebramos o cumpreanos de Silvia, e démoslle os regalos.

Pasámolo ben, a pesar do susto.

2 comentarios:

Dami dijo...

tou mirando as fotos, e vaia tipaso teño jejejeje, mira q son juapiño,
Ei Ire, vai baixando daí arriba que ensejida subo eu :P

Ireniña dijo...

Pra tipaso o meu..., e pra desbancarme vas ter que facelo mellor, ai... se non fose por min que vos din un concerto musical pra facer máis ameno o estrés da pérdida das chaves: "estamos perdidos en o porto", e inda por riba con coreografía... cantos dexesarían estar naqueles momentos comigo...jeje.
Esta viaxe foi un exemplo de cómo traballar en equipo é moi importante, a chuva de ideas e de idas de olla... ata chegar a unha solución.