Ribada 2007

jueves, 5 de junio de 2008

 



Neste ano fomos por primeira vez á festa da Ribada, en Baiona. É unha festa medieval na que se conmemora a chegada ó pobo da carabela Pinta. Baiona transfórmase nun pobo medieval, engalanado con todo tipo de adornos do medievo, e con postos de todo tipo: comida, produtos artesanais, coiro, cestería... Ó fin da festa, poñen fogos artificiais na praia (que vos mostro nas fotos).
Gústanme moito as festas medievais, e ésta está moi ben. Recoméndovola a todos.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A verdade e que a Ribada está moi ben, a zona na que a fan moi bonita, e a festa que se monta logho a noite... moitos postos con licor café nos tompamos ese día montxe (a miña antiga compañeira de traballo e máis eu), cando ti máis Ire cheghastes... xa estabamos un pouco boas, je,je!! menos mal que sodes así de boas comigo cando as veces me paso, ainda que tamén aproveitades para vacilarme con cousas que as veces xa dudo se pasaron..je!

Bueno miña De, un bico moi ghrande.

Anónimo dijo...

Ai, pois si... a verdade é que temos que ter unha paciencia contigo... :P
Pero bueno, éche o que hai...
Pero non dudes dos baciles, que se cho dicimos é por algo.
Un biquiño.