Concurso de Baile.

jueves, 5 de junio de 2008

 


Uns días despois da nosa excursión, acompañamos a Dami a un concurso de baile á Estrada.

De camiño paramos de novo na Fervenza e Fábrica da Luz, para amosarlla a Dami, que non puido vir con nós por motivos de traballo; e de seguido fomos para A Estrada, a comer e a ver os grupos de baile participantes. A verdade é que non recordo quenes foron premiados, como xa hai bastante tempo... se o queredes poñer nos comentarios, se alguén se acorda...

4 comentarios:

ruben dijo...

eu creo que fora... malveiras de vilagarcia e gañara un premio a mellor bailadora unha compi de dami, se non me trabuco...

bicos!

Ireniña dijo...

Pois acórdome desa noite... e da que pillou miña sister (como non...)Son tantas cousas das que me acordo, algunha son bonitas e outras melancólicas... ai triste de mi
Biquiños miña reina

Alma Viaxeira dijo...

Ai, Ireniña... a ver cando recordas que neste blog, os comentarios de cada post déixanse na parte superior, ó lado do título...
Que rapariga esta, que sempre se equivoca... :P

alis, pelusilla:) dijo...

je,je!! Pois nada, tou aqui unha mañan máis despois de vir de traballar, que como sempre chegho desvelada, e nada topome con este teu comentario, miña irman, que me quedo un pouco preocupada pensando nesa noite despois do concurso, da que seica pillei unha boa..., je,je!! pero menos mal que deli aclara que te confundiche, senon tiña que empezar a preocuparme moi moito,je,je!! a verdade, e como di deli máis dunha vez dinvos mais a vara...pero son momentos dos que eu tamen me acordo, e que dos que para min moitos tamén son bonitos e outros meláncolicos, pero todos bos momentos, así que nada, biquiños para ti tamén.

Vou ver se me poño a durmir, que se non, logho as tardes pasomas sobando, ou o que suelo facer que é levantarme para comer e volver para cama a durmir, non, non.. teño que poñer remedio a isto, que case vou do traballo a casa e da casa o traballo, ainda que esta semana fixoseme super corta e iso, que non fago gran cousa.

Veña saudos