A principios de abril, fun cos meus pais de visita Á Coruña, xa que meu pai tiña ganas de ver a Torre de Hércules.
Saímos cedo da casa, e fomos tranquilamente pola estrada nacional (non tardamos moito mais que pola autopista).
Ó chegar visitamos a Torre de Hércules. Eu quedei dando un volta polos arredores mentres meus pais subían á Torre (eu xa subira o ano pasado, e pasei de subir outra vez).
A continuación fomos ver o Museo do Home, onde fixen as fotos nos espellos que deforman a imaxe. Ó sair buscamos un lugar para comer na cidade vella, e acabamos nunha tasca.
Despois de comer, visitamos o casco antigo da cidade, xunto co Axuntamento e a praza de María Pita co seu monumento, uns xardíns preto do mar, onde había monumentos en memoria de Curros Enríquez e Emilia Pardo Bazán, o porto, e miramos os famosos balcóns coruñeses.
Á tardiña volvemos para a casa, despois de pasar un bo día de paseo cos "papás", como faciamos cando eramos (eu e meu irmán) pequenos.
Qué bonito...
0 comentarios:
Publicar un comentario