Paseo pola praia

jueves, 27 de noviembre de 2008

 
















Hoxe, aproveitando a tarde soleada, e a pesar do vento e o frío que facía, decidín desafiar as inclemencias e dar un paseo pola praia de Portomaior e Agrelo coa miña cadeliña, Lúa.

Paseando pola praia e xogando con ela, atopeime algo que nunca atopara nesa praia.

O mal tempo destes días trouxo ata a praia, aparte de moitas algas e algo de basura, un exemplar de centolo dun tamaño esaxeradamente grande.
O corpo do centolo era mais grande co meu pe (uso o nº 38), e as súas pinzas debían medir uns 15 cms. A verdade é que é unha pena que un exemplar tan grande se desperdicie así, ¿non credes? (sei que sona isto un pouco sádico pero, ¡¡é un centolo!!, ¡¡imaxinádevos o que podería chegar a custar na praza!!).


A pesar da insistencia dunha amiga cando llo contei, de que o collera para comer, non creo que iso sea o mais adecuado, inda que non tiña signos de descomposición, non se sabe de qué morrería, nin canto tempo levaría morto. ¿Non cres, rapaciña?

Déixovos unha foto para que vós mesmos opinedes.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

je,je!! xa che digo, menudo centolo, pero iso sí, fixeche ben en non collelo, a saber se o levas e te das un bo xantar o que pasaría... pode ser que nos deses envexa polo rico e sabroso que estaba ou... a saber :P
Seguro que Lua tiñañe medo e todo con esas grandes dimensións, para que estivese vivo e lle metese un taniscaso coas pinsas, ja,ja!!
Hai, que envexa, ti pola plaia pasando frío, que peniña me das:P
Veña taloghiño e moitos biquiños.

Belgarath dijo...

Jijiji, o que non che pasa a ti...
veña que hoxe é xoves, muahahaha a pena e que non topei os trompos, pero vou a darlle un repaso a bodega a ver se os topo, que inda que non estemos en san martiño os trompos podense levar o camiño.
Chau De, vemonos a tardiña!!!

Anónimo dijo...

q boa! pois ala, colléralo e fóralo vender á plaza jajaja (a algún giri pq senon igual che van enriba :P)

Anónimo dijo...

Cando teña o meu cadeliño podemos pasear as dúas xuntiñas, seguro que ese día nos podemos facer ricas na praza... jejeje

Anónimo dijo...

JEJe! o que ten non ler as noticias ata o final.Eu xa me estaba partindo pensando que o levaras pra casa.. e de repente, sigo e lendo e vas e non o comes. Pero foi unha boa decisión, a saber de qué morrera ou cando.

bueno a ver se vos vexo este finde. Un bikiño.