Érase unha vez un paxaro...

domingo, 16 de noviembre de 2008

 

Érase unha vez un paxaro, adornado cun par de alas perfectas e plumas relucentes e coloridas. En fin, un animal feito para voar libre e independente, para alegrar a quen o observase.

Un día, unha muller viuno e namorouse dél. Quedouse mirando o seu voo coa boca aberta de admiración, co corazón latíndolle mais a presa, cos ollos brillantes de emoción. Invitouno a voar con ela, e os dous viaxaron polo ceo en completa armonía. Ela admiraba, veneraba, adoraba ó paxaro.

Pero entón pensou: “¡Tal vez queira coñecer algunhas montañas distantes!”

E a muller tivo medo. Medo de non volver a sentir nunca mais aquilo con otro paxaro. E sentiu envexa, envexa da capacidade de voar do paxaro.

E sentiuse soa.

E pensou: “Vou poñer unha trampa. A próxima vez que o paxaro veña, non volverá a marcharse.”

O paxaro, que tamén estaba namorado, volveu ó día seguiente, caiu na trampa e foi encerrado na gaiola.

Tódolos días ela miraba ó paxaro. Alí estaba o obxeto da sua paixón, e amosáballo as súas amigas, que comentaban: “Es unha persoa que o ten todo.”

Sen embargo, empezou a producirse unha extraña transformación: como tiña ó paxaro, e xa non tiña que conquistalo, foi perdendo o interés. O paxaro, sen poder voar nin expresar o sentido de sua vida, foise consumindo, perdendo o brillo, púxose feo, e ela xa non lle prestaba atención, excepto para alimentalo y limpar a gaiola.

Un bo día, o paxaro morreu. Ela púxose moi triste, e non deixaba de pensar nél. Pero non recordaba a gaiola, recordaba só o día que o viu por primeira vez, voando contento entre as nubes.

Se profundizase en sí mesma, descubriría que aquilo que a emocionaba tanto do paxaro era a súa libertade, a enerxía das alas en movemento, non o seu corpo físico.

Sen o paxaro, a sua vida tamén perdeu sentido, e a morte veu chamar á súa porta. “¿Por qué viñeche?”, preguntoulle á morte.

“Para que poidas voar de novo con él polo ceo- respondeu a morte-. Se o deixaras partir e volver sempre, admiraríalo e amaríalo aínda mais; sen embargo, agora necesitas de mín para poder atopalo de novo.”

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Qué bonito!moi moi moi bonito. a verdade e que non se pode comentar nada desta historia, porque creo que o deixa todo bastante claro.

Todos necesitamos liberdade. Gúastannos pertencer aunha bandada, pero tamén poder voar so e descubir cousas novas par poder ensinarllas os demáis e sorpredelos de vezn en cando.

PD. Espero que sigas escribondo histias destas. Sempre foche moi imaxinativa, e agradécese emre ter algo tan bonito para ler.

Un bikiño

Anónimo dijo...

ai, miña De!! canta razón tes... ti tamén es un páxaro que nos ten engaiolados a todos,ainda que tampouco deixas de voar da qui pra la,e xa teñas un namorado por ahi, sei que non che quere engaiolar, e seguiras voando de vez en cando ata nos, que tamén estamos prendados de ti :) e seguiremos apreciando a tua beleza.

Veña biquiños moitos, e como xa che dixera cando fun, non hai nada como ter un fotografó profesioná :P
Taloghiño

PD: joer, non sei que fixen, pero puxen este comentario, no titulo de sempre galiza, pero que sepas que xa que me trabuquei deixeiche outro comoentario nese, je. biquiños

PD2:volvin facer o mesmo, deixei un comentario noutra, esta vez no que esta debaixo,je,je! a ver se desta atino, mimadriña... como ando...

Anónimo dijo...

Ai, miña Ali... que poetica te me puxeches :P
A ti sí que non hai quen te engaiole... fas ben, non ten que ver estar con alguén pra estar engaiolada. Eu tampouco o estou.

E a ver se atinas nos comentarios, que menuda liada te fixeches... jejeje
Un biquiño.
E outro pra Lore polo seu comentario, que facia moito q non escribia aquí.

Anónimo dijo...

O certo é que a liberdade é importante, pero nunca hai que poñerse nun dos extremos. Eu creo que cando se atopa aquela metade que te fai enteiramente completa ése libre, porque ambos respetan a independencia do outro. Gustariame atopar esa metade pra deixar de sentirme incompleta...
Que nunca vos enxaule e non vos deixedes enxaular... as veces este último é o problema...

Belgarath dijo...

Que razon tedes, non ten que ver estar con alguen pra sentirte engaiolado, hai veces que estando so, xa te sentes asi.
Ire, o teu paxariño xa chegara, tes un monton deles o teu arredor pero non lle das aberto a ventá pra que te coñezan mellor. Seguro que se o fan xa non marchan nunca.
Bicos!!!

Anónimo dijo...

Que bonito iso que dis dami, con amigos así quen quere atopar a outra metade... mellor perfeccionar a metade incompleta,jejeje