Carnavales de Cádiz 2009.

martes, 24 de febrero de 2009

 

Hai xa un par de anos, aficioneime ós Carnavais de Cai (como din eles, ou Cádiz como dicimos nós).
Non sei se sabedes que fan un concurso moi importante de agrupacións carnavaleiras no Teatro Gran Falla, no cal as categorías son: coros, comparsas, chirigotas e cuartetos.
Pois ben, dende que vin o concurso por primeira vez, "namoreime" dunha chirigota.
Encantoume o seu estilo, a sua forma de cantar e as ocurrencias das súas letras, escritas polo chamado "El canijo de Carmona" (Fiona no vídeo do enlace).
O ano pasado gañaron o primeiro premio coa chirigota "Juán Palomez: yo me lo guiso y tú me lo comes", da que tiven a oportunidade de disfrutar en directo.
Este ano estou indignada.
Quedaron no segundo posto coa chirigota "Las muchachas del congelao". Merecían o primeiro posto, e senón xulgade vós mesmos.
No enlace móstrovos a presentación, que só é o principio dunha gran actuación.
Bueno, polo menos levaron o premio de "La Aguja de Oro" ó mellor tipo (disfraz).
Recoméndovos que vexades o vídeo, e incluso que vexades os demáis no Youtube. E xa me contaredes.
P.D. Quería poñer os vídeos aquí, pero non sei que pasa que o Youtube non me deixa copiar ben os códigos. :P
Biquiños!!

2 comentarios:

Belgarath dijo...

joe, que envidia, eu tamen queria mirar as chirigotas. As daqui son un lixo o seu lado. Xa me podias invitar a ir ai en carnaval, que todo cho teño que disir, jejejejeje.
Bicos delitiña!!!

Pelusilla dijo...

Que bonito é o teatro ese, je!! estarás pensado... esta muller por fin me da señais de vida no blog, pois e que ultimamente non me meto nadiña, xa che comentara,je!!, e nada os caranavais ai si que teñen que estar moi ben, pero a parte tamén quería comentarche outra cousiña y na era que en maio igual che vou facer unha visita, ou máis que igual seguramente!! tamos vendo prezos e nada a ver se falo contigo esta semana, era para comentarche se coñecías de algun hostal ou algo que non fose moi caro, así que nada a ver se te vexo por fin, que a este paso... Un biquiño moi grande.