Canon de Pachelbel

domingo, 4 de octubre de 2009

1 comentarios  



Hai tempo que escoitei este video no Youtube, e a verdade é que me deixou coa pel de galiña... como toca a guitarra!!!

De compras

4 comentarios  



Ola de novo!! aquí vos deixo unhas fotiños miñas do outro día, que fun de compras, e pintei un pouco o parvo probando gorros nas tendas. Jejeje... qué, cal me queda mellor?? Deixo a preghunta no aire, a ver se ten resposta...

Paseando por Sevilla II

0 comentarios  



Boas, aquí vos deixo outras fotiños miñas, paseando por Sevilla, na Velá de Triana e do concurso de sevillanas que fan tódolos anos na Velá.

Biquiños pra todos.

Paseando por Sevilla

domingo, 30 de agosto de 2009

3 comentarios  




¡Ola de novo a todos!!!

¡Canto tempo sen actualizar!!! É que dábame unha pereza... aparte da falta de tempo, claro, pero xa estou aquí. Pero vexo que todos estades igual de vagos, porque hai moito que a maioría non actualizades, eh??

Cortei o pelo, como podedes observar, inda que xa hai tempo diso, xa o teño que volver cortar, jejejeje...

Aquí vos deixo un par de fotiños miñas, paseando por Sevilla, para que non vos olvidedes da miña cara, :P Eu non me olvido da vosa.

Un biquiño pra todos.

Corazón de pataca.

domingo, 17 de mayo de 2009

3 comentarios  


O outro día (bueno, xa sabedes que sempre se di "o outro día" inda que xa pasase bastante tempo...), íamos facer a comida e abrín unha bolsa de patacas para fritir unhas poucas.
No medio de todas as patacas comúns, estaba ela: unha pataca contorneada, cunha fermosa forma. Era un corazón.
Agora entendo por qué ó corazón lle chaman pataca.
Pensei que o seu destino debía ser outro que acabar no prato servíndome de alimento. Así que salveina e púxena adornando a cociña.
Pero foi pasando o tempo, e empezouse a enrrugar, xa no
n era tan fermosa e corría o perigo de apodrecer. Entón, antes de que se puxese peor, decidín facer con ela o mesmo que coas demáis: comela.
Parece que o seu destino era ese, e non puiden cambialo inda que o tentei. ¿Pasará sempre o mesmo? ¿Teremos un destino fixado que non podemos modificar, ou ímolo cambiando ó longo do tempo coas nosas decisións?
Ahí vos deixo iso para que reflexionedes, e xa me contaredes.

Xa van 26 cumpleanos.

sábado, 2 de mayo de 2009

5 comentarios  

Inda que pareza mentira, xa son 26 primaveiras as que levo vividas... cómo pasa o tempo, ¿verdade?

Como é tradición, soplei as veliñas, postas nunha tarta xelada de whisky :P, mmm... ¡¡qué rica!!

Cantoume o Cumpreanos feliz, e tamén tiven o meu regaliño, jijiji... como son tan boíña... regaláronme a radio para o meu fermoso iPod nano cor naranxa.
Recibín os 26 aniños traballando, un pouco resfriada (pero tranquilos, non teño a "gripe porcina", só foi o exceso de sol na Feria de Abril), pero polo demáis non noto diferencia cos 25, inda que me gustaba esa cifra...
O que sí noto é que estes anos voan... ¡¡Hai que aproveitalos!!! E como din en Fama: "VIVE LA VIDA" (unha pequena friquillada) :P

¡Ata pronto!

A miña vida en Sevilla.

jueves, 26 de marzo de 2009

7 comentarios  


¡¡Hola a todos!!

¿Como vos vai por esas maravillosas terras galegas? A min vaime moi ben por estas outras terras maravillosas do Sur.

Sevilla ten un delicioso olor ó azahar dos naranxos que salpican a cidade e a incienso, polos preparativos para a inminente chegada da Semana Santa, moi importante aquí como xa sabedes.

Aquí todo me vai ben. Estou traballando, inda que non sexa do meu por agora (neste momento as cousas están moi mal, como xa sabedes, pero non deixo de buscar), e tamén estou estudiando para especializarme no meu.
Persoalmente todo de maravilla.

Gústame moito Sevilla, e pouco a pouco estou facendo novas amistades aquí.

Evidentemente, voto de menos a miña terriña, os amighiños, a familia, a miña cadeliña, a praia... pero antes de que me de conta, xa estou por ahí de visita disfrutando de todos vos e da miña terra.

Espero que todos estedes ben por ahí e que vos vaia ben.

Biquiños para todos.
P.D. A foto é do ano pasado, pero é que estou igual (ata o pelo está do mesmo tamaño :P)

Carnavales de Cádiz 2009.

martes, 24 de febrero de 2009

2 comentarios  

Hai xa un par de anos, aficioneime ós Carnavais de Cai (como din eles, ou Cádiz como dicimos nós).
Non sei se sabedes que fan un concurso moi importante de agrupacións carnavaleiras no Teatro Gran Falla, no cal as categorías son: coros, comparsas, chirigotas e cuartetos.
Pois ben, dende que vin o concurso por primeira vez, "namoreime" dunha chirigota.
Encantoume o seu estilo, a sua forma de cantar e as ocurrencias das súas letras, escritas polo chamado "El canijo de Carmona" (Fiona no vídeo do enlace).
O ano pasado gañaron o primeiro premio coa chirigota "Juán Palomez: yo me lo guiso y tú me lo comes", da que tiven a oportunidade de disfrutar en directo.
Este ano estou indignada.
Quedaron no segundo posto coa chirigota "Las muchachas del congelao". Merecían o primeiro posto, e senón xulgade vós mesmos.
No enlace móstrovos a presentación, que só é o principio dunha gran actuación.
Bueno, polo menos levaron o premio de "La Aguja de Oro" ó mellor tipo (disfraz).
Recoméndovos que vexades o vídeo, e incluso que vexades os demáis no Youtube. E xa me contaredes.
P.D. Quería poñer os vídeos aquí, pero non sei que pasa que o Youtube non me deixa copiar ben os códigos. :P
Biquiños!!

A Praza de España (Sevilla)

domingo, 22 de febrero de 2009

2 comentarios  


¡¡Ola!! ¿Como vos vai a todos por aí? A min, ben.

Xa sei que hai moito que non actualizo o blog, pero non sabía qué poñer, jejeje...

Mirando fotos que tiña gardadas, atopei esta de Decembro de 2007. Estou na Praza de España, en Sevilla, (un lugar moi fermoso, por certo, ó lado do Parque de María Luísa, e onde grabaron varias escenas para o episodio II da saga La guerra de las galaxias de George Lucas: El ataque de los clones).
Nesa praza hai un azulexo de cada unha das provincias de España (de aí o seu nome). Eu estou na de Pontevedra, e como podedes ver (e incriblemente)...

¡¡¡aparece BUEU no mapa!!!

Así que aquí vos deixo esta foto como curiosidade. A ver se vos gusta, xa me contaredes.

Un biquiño para todos e ata pronto.

As cores do outono

viernes, 26 de diciembre de 2008

4 comentarios  


Estas son unhas cantas fotos que fixen xa hai un tempo, pero que por falta de tempo ( e por qué non dicilo, de ganas...) non puxen antes no blog.
Reflexan un pouco os cambios que experimenta a natureza no outono. Espero que vos gusten , inda que non sexan moi espectaculares, tamén por falta de tempo para sair a facer mais.
Algunhas están feitas co movil, de ahí a sua pouca calidade.

Paseo pola praia

jueves, 27 de noviembre de 2008

5 comentarios  
















Hoxe, aproveitando a tarde soleada, e a pesar do vento e o frío que facía, decidín desafiar as inclemencias e dar un paseo pola praia de Portomaior e Agrelo coa miña cadeliña, Lúa.

Paseando pola praia e xogando con ela, atopeime algo que nunca atopara nesa praia.

O mal tempo destes días trouxo ata a praia, aparte de moitas algas e algo de basura, un exemplar de centolo dun tamaño esaxeradamente grande.
O corpo do centolo era mais grande co meu pe (uso o nº 38), e as súas pinzas debían medir uns 15 cms. A verdade é que é unha pena que un exemplar tan grande se desperdicie así, ¿non credes? (sei que sona isto un pouco sádico pero, ¡¡é un centolo!!, ¡¡imaxinádevos o que podería chegar a custar na praza!!).


A pesar da insistencia dunha amiga cando llo contei, de que o collera para comer, non creo que iso sea o mais adecuado, inda que non tiña signos de descomposición, non se sabe de qué morrería, nin canto tempo levaría morto. ¿Non cres, rapaciña?

Déixovos unha foto para que vós mesmos opinedes.

Érase unha vez un paxaro...

domingo, 16 de noviembre de 2008

6 comentarios  

Érase unha vez un paxaro, adornado cun par de alas perfectas e plumas relucentes e coloridas. En fin, un animal feito para voar libre e independente, para alegrar a quen o observase.

Un día, unha muller viuno e namorouse dél. Quedouse mirando o seu voo coa boca aberta de admiración, co corazón latíndolle mais a presa, cos ollos brillantes de emoción. Invitouno a voar con ela, e os dous viaxaron polo ceo en completa armonía. Ela admiraba, veneraba, adoraba ó paxaro.

Pero entón pensou: “¡Tal vez queira coñecer algunhas montañas distantes!”

E a muller tivo medo. Medo de non volver a sentir nunca mais aquilo con otro paxaro. E sentiu envexa, envexa da capacidade de voar do paxaro.

E sentiuse soa.

E pensou: “Vou poñer unha trampa. A próxima vez que o paxaro veña, non volverá a marcharse.”

O paxaro, que tamén estaba namorado, volveu ó día seguiente, caiu na trampa e foi encerrado na gaiola.

Tódolos días ela miraba ó paxaro. Alí estaba o obxeto da sua paixón, e amosáballo as súas amigas, que comentaban: “Es unha persoa que o ten todo.”

Sen embargo, empezou a producirse unha extraña transformación: como tiña ó paxaro, e xa non tiña que conquistalo, foi perdendo o interés. O paxaro, sen poder voar nin expresar o sentido de sua vida, foise consumindo, perdendo o brillo, púxose feo, e ela xa non lle prestaba atención, excepto para alimentalo y limpar a gaiola.

Un bo día, o paxaro morreu. Ela púxose moi triste, e non deixaba de pensar nél. Pero non recordaba a gaiola, recordaba só o día que o viu por primeira vez, voando contento entre as nubes.

Se profundizase en sí mesma, descubriría que aquilo que a emocionaba tanto do paxaro era a súa libertade, a enerxía das alas en movemento, non o seu corpo físico.

Sen o paxaro, a sua vida tamén perdeu sentido, e a morte veu chamar á súa porta. “¿Por qué viñeche?”, preguntoulle á morte.

“Para que poidas voar de novo con él polo ceo- respondeu a morte-. Se o deixaras partir e volver sempre, admiraríalo e amaríalo aínda mais; sen embargo, agora necesitas de mín para poder atopalo de novo.”

Unhas cantas fotos miñas...

viernes, 24 de octubre de 2008

3 comentarios  



Aquí vos mostro unhas cantas fotos miñas tomadas en abril deste 2008, no parque de María Luísa.

Como podedes observar, non as fixen eu, senón o meu fotógrafo particular :P , o cal aparece comigo nunha das fotos, en Almonaster (Huelva), celebrando o aniversario.

Xa sei que o tema das fotos é aburrido, e que xa me tedes moi vista, pero é o que hai :P

Sempre en Galiza - A.R.Castelao

domingo, 21 de septiembre de 2008

5 comentarios  

"Disque unha tribo de alma viaxeira enfiou o roteiro do sol, e, anda, anda, chegou ao cabo do mundo, á nosa Fisterra, onde ficou varada de asombro, ante a inmensidade e o infindo.
E velahí como a alma viaxeira dunha tribo de Oriente enraizou os seus anceios de coñecemento na pedra ígnea do noso chan e formou a primeira capa da nosa nación. Disque outras tribos de alma viaxeira foron chegando, polo mesmo camiño, á nosa Fisterra, e alí vararon os seus anceios, a comtemplaren o sol mergullándose nas augas do mar: un dos maiores misterios da antigüidade, o misterio que enxendrou o “terror clásico”.
Todos seguían o roteiro do sol (o mesmo camiño que despois seguiron as civilizacións) e todos chegaban á Fisterra, e dende alí só as almas podían camiñar en procura da verdade.
Contan que a nosa Fisterra era o peirao en que se embarcaban as almas dos mortos para proseguiren o anceio dos vivos (as arelas de coñecemento obrigaban a andar, e só no cabo do mundo xurdía o inescrutábel alén). Disque a nosa Terra foi invadida por uns homes barudos que traballaban os metais e que se consideraban fillos do deus da morte, en honor do cal contaban o tempo por noites, e que esta tribo domeñou o “mar tenebroso” e chegou a Irlanda, para crear dende alí un novo imposíbel: o de retonar ás orixes.
E así o Pai Sol, que todos os días percorría a vouta do ceo, levado en triunfo polos cabalos astrais, retornaba morto todas as noites ó berce das orixes, para que se acendese cada mañá en chamas e comenzase de novo a súa carreira triunfal, a sementar a vida no mundo.
Esta é a lenda, que decote se adovía con mil pantasías poéticas; mais despois veu a historia e por ela sabemos que outros pobos diferentes chegaron á nosa Fisterra e que lle infundiron novo carácter; pero ningún invasor foi capaz de roubarlle a alma viaxeira, que xa camiñaba en direccións opostas do mesmo camiño: cara ao alén e cara ás orixes.
...
Todos os pobos que se asomaron á nosa Fisterra sentiron arelas de traspor aqueles horizontes visibles e inasequibles, e foi, xustamente, o anceio do “alén mar” o que descubriu este novo mundo, polo que agora navegan as miñas dores e as miñas esperanzas.
...
Vai para moitos anos que un artista andaluz me dixo no peirao de Vigo, vendo erguer áncoras a un trasatlántico: “Os españois botan raíces na terra, coma se fosen árbores; mais as vosas raices son elásticas, de tanta elasticidade que vos deixan dar mil voltas ao redor do mundo”. Aquel artista andaluz falou así despois de ver aos emigrantes galegos subiren as escadas do vapor con aire de turistas de terceira clase, seguros do retorno.
...
Hai unha forza que nos empurra cara ao mundo e outra que nos xungue á terra nativa, pois se os camiños nos tentan a camiñar é porque deixamos unha luz acesa sobor da casa en que fomos nados, e alí nos agarda o fin da vida. Andar, andar, andar, e no remate do traballos devolverlle á Terra o corpo que ela nos emprestou."

Conxunto Arqueolóxico de Itálica

martes, 2 de septiembre de 2008

4 comentarios  

O 26 de agosto fomos de visita fotográfica ó Conxunto Arqueolóxico de ITÁLICA (Santiponce - Sevilla), que foi o primeiro asentamento permanente romano ó sur da Península, e onde naceron emperadores como Trajano e Adriano.

Este conxunto está formado polas ruinas dunha cidade romana, nas que se poden ver varios mosaicos pertencentes á Casa de Neptuno, Los Pájaros e do Planetario; as Termas e o Anfiteatro; das cales son as fotografías que vos amoso deste post, e que acompaño con algunha fotografía miña, que como vedes, estiven fotografiando cunha cámara profesional.

A experiencia foi moi boa. Non ten nada que ver coas compactas. Qué maravilla.

Espero que vos guste o sitio, a min a verdade decepcionoume un pouco, pensei que ia estar mellor, moitas das estatuas e demáis restos están no Museo Arqueolóxico de Sevilla.

O Rosal

0 comentarios  

A mediados de Xuño, Ire, Sil, Dami e eu, fomos visitar O Rosal, lugar no que estivo Dami uns días antes comprando viño, e díxonos que lle gustara moito.

Demos unha volta no coche vendo os viñedos (pouco mais hai que ver alí), e subimos a un mirador para ver a paisaxe. Despois acercámonos ata A Guardia, e tomamos un xelado nunha terraza frente a unha praia, moi bonita, por certo, coa praia de Camiña (Portugal) ó outro lado do mar.

Sanamedio 2008

0 comentarios  

O 17 de Maio, día das Letras Galegas, e como é xa tradición, o grupo de baile Retroouso de Cela actuou en Sanamedio (Beluso).

Uns foron comer alí, outros chegaron para a actuación, e Ali e eu, a medias. Despois de comer no Lambedeiro con Silvia e Dami, e de tomar un café tranquilamente na praia de Beluso, fomos ata Sanamedio, onde xa estaban moitos do grupo facendo festa.

Disfrutamos da actuación do grupo de baile, e despois xa nos fomos, e a verdade é que non recordo o que fixemos despois, se é que fixemos algo. :)

Monte Alba (03- 05 - 08)

sábado, 2 de agosto de 2008

1 comentarios  

En maio, un día despois do meu cumpreanos, fomos as tres rapazas e a parelliña dar unha volta ata o Monte Alba (en Vigo), lugar ó que había tempo que queriamos ir, xa que Irene nos dixera que era moi bonito.

Así que despois de comer e de que a parella librase, alá fomos.

Demos unha volta polo monte, disfrutando da bonita paisaxe que dende alí se pode observar, fixemos unhas cantas fotos, e xa para rematar, tomamos algo no bar que hai alí.

Foi curto, pero proveitoso, un respiro para todos nós no medio da rutina diaria, aproveitando tamén que Ali estaba aquí uns días.

Feria de Sevilla 2008

0 comentarios  



Este ano volvín a disfrutar da Feria de Sevilla, despois dun par de anos sen ir.

Fun de día e de noite, para ver o alumeado, que é moi bonito. Estiven por alí dando un paseo e facendo fotos, ceando, e cando xa era tarde, tomei un bo chocolate con churros, ou como lle chaman alí, calentitos (qué ricos estaban…).

Aproveitei esta estancia en Sevilla para ver unha fermosa exposición sobre a escritura otomana, traída dende Turquía. A exposición estaba no Alcázar de Sevilla (cómo me gusta este sitio…), así que xa que estaba alí din unha volta polo recinto, facendo algunha instantánea no Alcázar e no Patio de Banderas.

Tamén estiven nos Jardines de María Luísa, e na Plaza de España, como non, facendo fotos, igual que un día de tronada na que as nubes case asustaban do oscuras que estaban.

Faltan fotografías dos Jardines de María Luísa, que vos amosarei mais adiante, xa que agora non as teño preparadas.

Á Coruña cos meus pais, (06.04.2008)

miércoles, 23 de julio de 2008

0 comentarios  

A principios de abril, fun cos meus pais de visita Á Coruña, xa que meu pai tiña ganas de ver a Torre de Hércules.

Saímos cedo da casa, e fomos tranquilamente pola estrada nacional (non tardamos moito mais que pola autopista).

Ó chegar visitamos a Torre de Hércules. Eu quedei dando un volta polos arredores mentres meus pais subían á Torre (eu xa subira o ano pasado, e pasei de subir outra vez).

A continuación fomos ver o Museo do Home, onde fixen as fotos nos espellos que deforman a imaxe. Ó sair buscamos un lugar para comer na cidade vella, e acabamos nunha tasca.

Despois de comer, visitamos o casco antigo da cidade, xunto co Axuntamento e a praza de María Pita co seu monumento, uns xardíns preto do mar, onde había monumentos en memoria de Curros Enríquez e Emilia Pardo Bazán, o porto, e miramos os famosos balcóns coruñeses.

Á tardiña volvemos para a casa, despois de pasar un bo día de paseo cos "papás", como faciamos cando eramos (eu e meu irmán) pequenos.

Qué bonito...