Feria de Sevilla 2005

jueves, 3 de abril de 2008

 



No 2005 fun por primeira vez a La feria de Sevilla, da que tanto se fala. É unha semana de moita festa, moito comer e moi pouco descanso. O luns ás 12 da noite é o encendido da "portada", que é como a porta principal da feria, que cada ano simboliza un monumento de Sevilla ou un acto importante dese ano na cidade. Este ano a portada da feria foi adicada ó centenario do Sevilla C.F. A portada está adornada con miles de luces de cores, igual que as rúas da feria con miles de farolillos de cores.
É coma un pequeno barrio, no que cada rúa ten un nome (que neste caso é sempre de toreiro) e as casetas son como as casas, ataviadas con todo tipo de detalles.
A maioría das casetas son privadas, inda que tamén as hai públicas nas que pode entrar todo o que queira. E como non, tamén está a caseta do Lar gallego, e outras con nomes graciosos, como vos mostro nas fotos.

As carretas de cabalos adornadas tamén son típicas da feria.
Tamén hai unhas casetas xitanas nas que éstes se dedican a facer buñuelos, que é típico comelos de madrugada, despois de tanta juerga.
Ó anoitecer é moi fermoso, xa que o ceo torna nunha cor azul añil, e coa luz dos farolillos o contraste é moi bonito.


Despois da feria volvín a Sevilla no verán, data da cal é esta foto, que o votei todiño alí, e tamén en fin de ano.

0 comentarios: