Primeira viaxe a Sevilla.

miércoles, 2 de abril de 2008

 



Despois da visita de José Manuel, o meu "amigo" sevillano, invitoume a ir a sua terra, e en setembro, alá fun. Veume buscar en coche e fixemos a viaxe de volta por Portugal. Paramos en Leiría, un pobo portugués no que hai un castelo que visitamos, inda que coma todos os castelos, non ten moito que mirar. Despois dirixímonos hacia Badajoz, onde pernoctamos esa noite.
Ó día seguinte visitamos Mérida, unha fermosa cidade digna de ser visitada. Alí desfrutamos da súa gastronomía (teñen un xamón exquisito). E xa fomos para Sevilla.
Dende alí visitamos Cádiz (La Caleta, a praia por excelencia desa cidade, moi bonita, cunha posta de sol preciosa); Granada (o barrio de Sacromonte, con vistas á Alhambra, Sierra Nevada, que inda que non estaba cuberta de neve, non perdía a fermosura das montañas), Huelva ( La Rábida coas caravelas de Colón), Ronda ( precioso pobo de Málaga), e como non, Sevilla, esa fermosa cidade que me namorou dende o primeiro día desta viaxe, con tantos recunchos cheos de encanto que ver, como a Giralda, a Catedral, a Judería, o Real Alcazar, a Plaza de España, os Jardines de María Luísa, e mil sitios mais...
Tampouco teño fotos miñas que poñer neste artículo, pero creo que só con imaxinarse o que vivín, non fai falta mais.
Foi unha viaxe para non olvidar.

Pronto volvín por Sevilla, en fin de ano. E seguirei indo.

0 comentarios: