O corredor do Morrazo.

viernes, 8 de febrero de 2008

 


Hoxe, de camiño ó exame, fixeime en que no corredor había varios animais mortos na estrada, e iso púxome triste. A verdade é que é común atopar animais atropelados nesa estrada (e en calquera outra), e pregúntome porqué non poñen mais medidas para que os pobres animaliños non rematen a súa vida desa maneira, porque, xa que nós destrozamos o seu hábitat, ¿por qué non evitar polo menos a súa morte? ¿Non credes que somos demasiado agresivos coa natureza, gracias á cal vivimos? Sei que as estradas son necesarias para a mellora das comunicacións, pero iso non quita que fagamos todo o posible para que repercutan o menos posible no noso entorno, e así facer algo mais para preservar mellor o planeta, e evitar que poidan chegar a desaparecer especies animais que agora hai nos nosos montes.

1 comentarios:

Belgarath dijo...

Apoio o que dis, eu creo que todas as veces que fun a Vigo sempre atopei algun animaliño morto, pero non creo que se poida facer moito, xa que terian que vallar as estradas e non creo que iso pase.
P.D. Sintoo polos animaliños, se souberan leer staria o axunto arreglado, jeje