Comida no monte

viernes, 7 de marzo de 2008

 


Unha fin de semana de maio, cando o calor xa empeza a aparecer, fomos comer ó monte. Despois dunhas cantas voltas no coche buscando o lugar "ideal" para comer tranquilamente, acabamos nunha pequena carballeira acondicionada con mesas, bancos, asadores... cerca de Castiñeiras, e por fin nos decidimos a quedar alí.
Como vedes, ibamos ben preparados, ata levamos amaca ( que estivo ocupada por duas elementas a maior parte do tempo) e axedrez...

Pasamos un bo dia ó aire libre, protexidos do sol polos carballos, e disfrutando da natureza.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Que bonito era todo cando estabamos xuntos... porque todo ten que cambiar tanto...?? Estoume volvéndome meláncolica... Estásme volvendo melancólica...
Biquiños a todos, e que algún día volvamos a coincidir todos, próposito de semana santa (e que ano novo xa pasou...)

Anónimo dijo...

Ola! A miña intención no é poñer melancólico a ninguén, só plasmar dalgunha maneira todos eses momentos, para que non se perdan no fondo da nosa memoria.

Pero vexo complicado que volvamos facer cousas todos xuntos, porque todos medramos e temos as nosas obligacións.

Por min, non hai problema. Gustariame pasar, por exemplo, algun domingo(porque creo que é o dia en que case todo o mundo(menos Sil e Dami :( ) está libre) ou outro dia por ahi, facendo cousas, coñecendo sitios, paseando... Aprobeitando o dia.
Asi que ó que lle guste a idea, xa sabe. Eu estarei esperando.

Biquiños pra todos.