Despedida

miércoles, 12 de marzo de 2008

 




Fago un pequeno paréntesis no percorrido polas nosas pequenas viaxes para plasmar no blog unha noticia triste para nós: a marcha da nosa amiga Ali a Madrid, por cuestións de traballo. Marchou o 28 de febreiro, e dende ese día votámola en falta.

O día antes da sua marcha, démoslle unha pequena sorpresa: unha festiña chea de globos cunha pancarta co camiño de volta (por se se lle olvida), e un regalo (fotos de todos) para que non se olvide de nós. Aquí vos deixo constancia da sorpresa nestas fotos.

Esperamos que lle gustase e lle fixese ilusión, (e que nos vote un pouquiño de menos :) )

Que todo che vaia ben por eses paraxes e que volvas pronto por aquí.

2 comentarios:

Ireniña dijo...

Non recordo moito ese día, pero o que si recordo e as viaxes que facíamos tódolos fins de semana... que nos pasou pra deixar de facelo? Pero aí está semana santa... temos que recuperar o tempo perdido...
Por certo, non sei se vos destes conta, pero na foto parese que estou espida... pero xuro firmemente que eu ese día non fixen de cebo pra poder observar ós paxariños

Deli dijo...

Pois sí, ahí está semana santa... e aproveitarémola ben, verdade? Irei pensando ou buscando lugares non moi lexanos que visitar, e a ver se non chove, como din na tele...

Así que o que se queira apuntar xa sabe, que contacte con nós.

P.D. Ire, confundíchete de post, escribiche no da despedida de Ali. Ai, ai, ai... hai que ver como tes esa cabeciña... :P