Aquí vos mostro algunhas fotos que fixen da cabalgata de reis, e dunha pequeniña que fan o dia 6 de xaneiro pola mañan nun barrio (San Esteban), e tamén do alumeado de Nadal que puxeron ese ano.
A ver se vos gustan.
jueves, 8 de mayo de 2008
Acto seguido fomos á Torre de Hércules, e como queriamos entrar no faro e xa ía pechar, subimos a toda presa as 230 escadas que ten, chegamos arriba esgotadas, deleitámonos coa posta de sol, e correndo de novo para saír.
Tamén visitamos a Cidade Vella, que é unha parte do casco antigo da cidade, xa de noite.
Tomamos un café para quentar o corpo, e de volta para a casa.
Pasei moi bo día con elas por aí de viaxe.
Ese día facía frío, e estaba todo cuberto da xeada da noite, como podedes observar pola nosa indumentaria nas fotos.
Alí visitamos a fervenza do Tourón, no río Cerves. Costa un pouco chegar, xa que hai que seguir unha ruta a pé, pero vale a pena.
Despois estivemos nas ruínas dun antigo mosteiro, que polo que se ve, debeu ser moi fermoso, porque inda o segue sendo, a pesar do seu estado. (Din que van facer un parador ou hotel alí).
Ese día tamén nos acercamos a Ribadavia (onde comemos). É unha vila que me gusta moito. Estivemos paseando polo barrio xudeo, e despois dirixímonos hacia o castro de San Cibrán de Lás (que non demos poucas voltas para atopalo...), e xa por último visitamos o Mosteiro de San Clodio, inda que xa era de noite e non se miraba moito.
Paseino ben ese día, inda que acabei cansa de tanto paseo.
miércoles, 7 de mayo de 2008
O verán de 2006 paseino enteiriño en Sevilla.
Dediqueime a ir á praia a Punta Umbría (Huelva), a pescar na praia e no Dique de Juan Carlos I (tamén en Huelva), no que hai salinas moi fermosas ó anoitecer; fun á Velá de Triana (que é un feria pequena que fan no barrio de Triana, moi bonita tamén, a carón do rio Guadalquivir), e a visitar algún que outro pobo.
Estiven en Gibraltar (na puntiña de Cádiz), un sitio un tanto inóspito para min, a verdade é que non me gustou nadiña, só hai tendas, a maioría de árabes, e nada baratas (só o alcohol e o tabaco), turistas por un tubo e monos.
Tamén estiven en Medina Sidonia e en Alcalá de los Gazules (dous pobos do interior de Cádiz). Alcalá de los Gazules é un pobo situado nun pequeno outeiro, polo que todo son costas arriba e abaixo.
Medina Sidonia gustoume moito. É un pobo pequeniño, no medio da meseta, todo branco (coma todos típicos pobos de Andalucía), cunha praciña central no axuntamento moi acolledora, e un pasteis... que nin vos quero contar...
Foi un verán completiño, non parei de facer cousas, e paseino moi ben.