Martes e Mércores Santo do 2008

sábado, 12 de julio de 2008

 

O Martes Santo, Ire, Ali e eu, saímos a dar unha volta, inda que o día estaba de chuva, e case non saímos do coche.

Estivemos dando voltas no coche, en busca da Poza da Moura (en Domaio). Chegamos ata Chan da Arquiña, recorremos Domaio e arredores de cabo a rabo, fixemos unha parada no campo de golf (onde fixemos as fotos do arco da vella), e finalmente, despois de tanta volta, non atopamos a Poza, inda que Ali e eu cremos que está por un camiño polo que Ire non quiso meterse co coche.

Xa case de noite, atopamos uns muíños, e demos unha volta por alí.

Pola noite, despois da saída do traballo de Sil e Dami, fomos cear ó Gatañal, acompañados de Lore, Rubén, Cobas e a moza; e por último demos un paseíño por Cangas.

O Mércores Santo, as tres mozas acompañadas pola parella (que librou ese día), fomos de novo en busca da Poza da Moura, e efectivamente, estaba polo camiño que pensabamos. Atópase xusto pola parte de arriba do Corredor do Morrazo. Ten moi boas vistas, e é un sitio bastante bonito. Alí estivemos un rato, e despois fomos tomar algo a un bar de Domaio.

Foron dous días moi divertidos.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

A famosa Poza... e agora fóstesvos todos e vou ter que buscar aventuras eu soiña...

Anónimo dijo...

jrasias pola parte que nos oca ghopiña

Anónimo dijo...

meno mal non estas aki pa poder matarte, pero desta non escapas. Poñer esa fotasa cos meus pelasos peor k os de angel(anos 60).
P.D. k non che sirva de pretesto pa faserme deisarche comentarios.
P.D 2 traeme un rejalo
P.D 3 votamoste de meno (eu non, solo dami, jijiii)

Anónimo dijo...

Hola, perdon por non renovar o blog, pero e que por aki non che hai nada q contar, jejejeje.
a nosa vida e bastante monotona, levantarse, ir pro bar, marchar pa casa, durmir e asi todolos dias.
teño unhas janas de vacasions e inda empesou hai un mes o vran.