Unha tarde en Pontecaldelas

viernes, 29 de febrero de 2008

0 comentarios  



Outro fin de semana dese mesmo mes de abril, acercámonos a dar unha volta a Pontecaldelas, en Pontevedra, polas marxes do río Verdugo, que atravesa a vila. Levounos ata alí Ali, que xa coñecía o sitio. Tamén visitamos a Carballeira de Caritel, onde se celebra unha romaría, e na que hai fontes que nacen alí mesmo, e das que din que son boas para a saúde.

Lembro que pasamos un bo día por esas paraxes.

Creo recordar que hai mais fotos dese día, a ver se as atopo e as engado.

Nos muíños do Río Baroxa

jueves, 28 de febrero de 2008

0 comentarios  



No 2004 faciamos moitas excursións nas fins de semana. Unha delas foi esta, en abril, a uns muíños que hai a medio camiño entre Moraña e Caldas de Reis, en Barro. Son muíños restaurados ó carón do río, cuns pequenos saltos de auga. O sitio está ben para pasar alí unha tarde, ou para ir a comer alí, incluso para darse un baño nas frias augas do río. Estas son as poucas fotografías que fixemos alí.

O corredor do Morrazo.

viernes, 8 de febrero de 2008

1 comentarios  


Hoxe, de camiño ó exame, fixeime en que no corredor había varios animais mortos na estrada, e iso púxome triste. A verdade é que é común atopar animais atropelados nesa estrada (e en calquera outra), e pregúntome porqué non poñen mais medidas para que os pobres animaliños non rematen a súa vida desa maneira, porque, xa que nós destrozamos o seu hábitat, ¿por qué non evitar polo menos a súa morte? ¿Non credes que somos demasiado agresivos coa natureza, gracias á cal vivimos? Sei que as estradas son necesarias para a mellora das comunicacións, pero iso non quita que fagamos todo o posible para que repercutan o menos posible no noso entorno, e así facer algo mais para preservar mellor o planeta, e evitar que poidan chegar a desaparecer especies animais que agora hai nos nosos montes.

A Praia das Catedrais

sábado, 2 de febrero de 2008

2 comentarios  


De camiño a Asturias, na viaxe da que falo no post anterior (no 2004), paramos na Praia das Catedrais, en Lugo; e tivemos sorte, xa que topamos a marea baixa e puidemos mirala enteiriña, cousa que non me pasou outra vez que fun por alí...

Recoméndovola a todos, parece incrible o que pode facer a natureza. Verdadeiramente fermoso.