Á Coruña cos meus pais, (06.04.2008)

miércoles, 23 de julio de 2008

0 comentarios  

A principios de abril, fun cos meus pais de visita Á Coruña, xa que meu pai tiña ganas de ver a Torre de Hércules.

Saímos cedo da casa, e fomos tranquilamente pola estrada nacional (non tardamos moito mais que pola autopista).

Ó chegar visitamos a Torre de Hércules. Eu quedei dando un volta polos arredores mentres meus pais subían á Torre (eu xa subira o ano pasado, e pasei de subir outra vez).

A continuación fomos ver o Museo do Home, onde fixen as fotos nos espellos que deforman a imaxe. Ó sair buscamos un lugar para comer na cidade vella, e acabamos nunha tasca.

Despois de comer, visitamos o casco antigo da cidade, xunto co Axuntamento e a praza de María Pita co seu monumento, uns xardíns preto do mar, onde había monumentos en memoria de Curros Enríquez e Emilia Pardo Bazán, o porto, e miramos os famosos balcóns coruñeses.

Á tardiña volvemos para a casa, despois de pasar un bo día de paseo cos "papás", como faciamos cando eramos (eu e meu irmán) pequenos.

Qué bonito...

25º Cumpreanos de Silvia (O Porto)

2 comentarios  

O 24 de marzo, con motivo do 25º cumpreanos de Silvia, fomos visitar O Porto, cidade portuguesa que non coñeciamos, e da que case marchamos sen coñecer, por motivos que creo que xa sabedes todos, pero inda así recordaréivolo.

Chegamos alí á hora de xantar, case desfalecidos coa fame, así que o primeiro que fixemos foi buscar onde comer. O problema agrabouse porque non atopabamos nada, e acabamos comendo nun Mc Donalds, moi ó meu pesar.

Logo intentamos buscar o centro da cidade, e no camiño paramos na costa para facer unhas fotos. Aí foi onde a nosa viaxe se truncou, xa que a nosa queridísima amiguiña Silvia, no axetreo de sair do coche e deixar os bolsos dentro, deixou xunto co seu bolso as chaves do coche e cerrou o maleteiro.

Só tiñamos o meu movil, as cámaras de fotos, o DNI de Dami e uns 40€ que levaba Silvia no bolsillo.

Aquí comezou a odisea de chamadas, primeiro ós pais de Dami, para probar un método que Irene lera en internet para abrir o coche a través das ondas do movil; e despois ó seguro do coche, que non nos deu solucións. A Ire déuselle por cantar e bailar, inda que a min estábame poñendo negra.

Despois disto, por fin me fixeron caso e fomos buscar un taller para que nos abrisen o coche, ou romper un cristal para poder entrar. E seguiu a odisea, xa que non nos entendían á hora de preguntar por un taller, ata que atopamos un taxista que nos axudou. Levounos a un concesionario do coche de Dami, e despois de moito insistir, uns chavales que traballaban alí accederon a axudarnos. E en 5 minutos, ¡¡¡o coche estaba aberto!!!

Entre todo este lío, xa só nos dou tempo a dar unha pequena volta polo casco antigo de O Porto e facer un par de fotos.

Xa na casa deles, celebramos o cumpreanos de Silvia, e démoslle os regalos.

Pasámolo ben, a pesar do susto.

Xoves Santo 2008

0 comentarios  

O Xoves Santo, Ali, Ire e eu, saimos de mañan para pasar o día por aí. Non tiñamos rumbo fixo, e acabamos en Salvaterra do Miño (Pontevedra), que como o seu nome indica, atópase ó lado do río Miño, onde ten un parque e un paseo con carril bici pola súa ribeira.

Ó ver á xente dando voltas en bicicleta, entráronnos ganas de dar unha voltiña, e fomos alquilar unhas bicicletas (o Axuntamento déixaas gratis a cambio de rechear un impreso cos teus datos).

Comemos en Salvaterra, e despois cruzamos o río para visitar Monçao (Portugal).

Demos un paseo por Monçao, e a continuación dirixímonos a Arcos de Valdevez, pobo portugués que a Ire lle soaba de velo no Faro, e parecéralle bonito. Así que alá fomos… e a verdade é que non se equivocaba.

É un pobo que tamén se atopa ó lado dun río (parece que a cousa iba de ríos ese día J), ó lado do cal tomamos un xelado, como podedes ver nas fotos, despois de dar un paseo polo pobo e facer mais fotos.

Xa cansas, decidimos ir para a casa.

Foi un día agradable. Paseino moi ben a pesar de tanto conducir. Recoméndovos esta ruta; gustáronme moito estes sitios.

Martes e Mércores Santo do 2008

sábado, 12 de julio de 2008

4 comentarios  

O Martes Santo, Ire, Ali e eu, saímos a dar unha volta, inda que o día estaba de chuva, e case non saímos do coche.

Estivemos dando voltas no coche, en busca da Poza da Moura (en Domaio). Chegamos ata Chan da Arquiña, recorremos Domaio e arredores de cabo a rabo, fixemos unha parada no campo de golf (onde fixemos as fotos do arco da vella), e finalmente, despois de tanta volta, non atopamos a Poza, inda que Ali e eu cremos que está por un camiño polo que Ire non quiso meterse co coche.

Xa case de noite, atopamos uns muíños, e demos unha volta por alí.

Pola noite, despois da saída do traballo de Sil e Dami, fomos cear ó Gatañal, acompañados de Lore, Rubén, Cobas e a moza; e por último demos un paseíño por Cangas.

O Mércores Santo, as tres mozas acompañadas pola parella (que librou ese día), fomos de novo en busca da Poza da Moura, e efectivamente, estaba polo camiño que pensabamos. Atópase xusto pola parte de arriba do Corredor do Morrazo. Ten moi boas vistas, e é un sitio bastante bonito. Alí estivemos un rato, e despois fomos tomar algo a un bar de Domaio.

Foron dous días moi divertidos.

Verán 2007

0 comentarios  



O verán do 2007 paseino tamén en Sevilla, inda que esta vez estiven traballando, e aproveitando o tempo libre para descansar e disfrutar do verán.

As primeiras fotos que vos mostro, son dun pub de Punta Umbría (Huelva) que se chamaba Bruxas, e como vedes, ten unha bruxa con escoba e todo. Pareceume curioso.

Ese verán tamén fixen unha pequena viaxe a Galicia, a principios de setembro, visitando, entre outros, Vigo, Pontevedra, Cambados, O Grove e o seu Acuarium, Carballiño e outros pobos de Ourense, Finisterre, Camariñas... e como non, o meu pobo: Bueu, aproveitando para visitar algúns dos meus amigos.
Paseino moi ben na viaxe ( a verdade é que a compañía era perfecta), a pesar do longo que se fixo o camiño (os portugueses conducen fatal).

Xa en Sevilla, fun visitar a Casa Pilatos, que está cerquiña de donde vivimos, aproveitando que había "xornadas de portas abertas" e a entrada era gratuita, xa que normalmente é bastante cara para o que hay que ver. Está mal conservada, a pesar de ser privada e cobrar entrada.

Foi un verán moi bo, a pesar de traballar.