A miña vida en Sevilla.

jueves, 26 de marzo de 2009

 


¡¡Hola a todos!!

¿Como vos vai por esas maravillosas terras galegas? A min vaime moi ben por estas outras terras maravillosas do Sur.

Sevilla ten un delicioso olor ó azahar dos naranxos que salpican a cidade e a incienso, polos preparativos para a inminente chegada da Semana Santa, moi importante aquí como xa sabedes.

Aquí todo me vai ben. Estou traballando, inda que non sexa do meu por agora (neste momento as cousas están moi mal, como xa sabedes, pero non deixo de buscar), e tamén estou estudiando para especializarme no meu.
Persoalmente todo de maravilla.

Gústame moito Sevilla, e pouco a pouco estou facendo novas amistades aquí.

Evidentemente, voto de menos a miña terriña, os amighiños, a familia, a miña cadeliña, a praia... pero antes de que me de conta, xa estou por ahí de visita disfrutando de todos vos e da miña terra.

Espero que todos estedes ben por ahí e que vos vaia ben.

Biquiños para todos.
P.D. A foto é do ano pasado, pero é que estou igual (ata o pelo está do mesmo tamaño :P)

7 comentarios:

Dami dijo...

hola delitiña, nos por aqui tamen estamos ben, xa stamos a piques de empezar coa casa, a ver se cando veñas sta lista pra inajurala contijo, jijiji.
Moitos biquiños pra ti e pa JM.
P.D. se stas qui cando veñas xa nos podes axudar a pintar jejeje e a decorar a casa:P

lore dijo...

hOLA Deliss!!
Pois alégrome que vaia todo ben. xa estaba enterada polo sms que me mandache o outro día e creo que está moi ben o que fas: penso que este é un momento para aproveitar e formarse se non aparece un choio que mereza a pena, porque hai que asegurarse o futuro.

Sigue desfrutando do momento. Espero verte pronto por aquí.
Un bikiño

ali dijo...

Eu sei que todo o que fagas a de ser para ben, a verdade e que xa sabes todo o que penso, xa que de vez en cando inda imos falando algo. Ademáis que che vou dicir eu, que xa traballei de cousas distintas o importante as veces e tirar para adiante mentras van aparecendo cousas mellores, e a ti nun momento ou noutro aparecerache algo moi bo, senón tempo o tempo, tou convencida:)
E nada, aproveita cada momento, pq o final cando pase o tempo ou os anos o importante a parte do traballo van ser as cousas que che fagan feliz!!
Biquiños

Ireniña dijo...

Ola guapísima!! É unha alegría saber de ti, e sobre todo saber que es feliz.. isto en resumidas contas é o máis importante... a felicidade é o que fai tirar pra diante e a que nos indica que a nosa vida ten sentido. Alégrome de veras, inda que te votamos de menos
Bueno... non sigo que non me gusta poñerme melancólica..
Bicos vibradores.. ti xa sabes... jejeje

silviña dijo...

como que novos amigos???
quen son? eh? eh? eh?

Belgarath dijo...

Aaaiii, Delitiña!!! onte foi a presentacion de Fisica o Quimica, e en canto empezou a musica acordeime un monton de ti. sniff, sniff.
E que en canto soaba a musica poñiamonos a todo gas a preparar a mesa pra que en canto empezara, xa estuberamos sentados, jijijiji.
Saudos pra JM e moitos bicos pra ti!!!

Alma Viaxeira dijo...

Joooo... olvidouseme a presentacion de Fisica ou Quimica... a ver se a atopo por internet e a vexo.
Xa che digo, si que corriamos pra non perdernos nada... jijiji
Eu tamen me acordo moito de vos, non vaiades pensar, eh??
Moitos biquiños pra todos, e que disfrutedes da Semana Santa.