Corazón de pataca.

domingo, 17 de mayo de 2009

 


O outro día (bueno, xa sabedes que sempre se di "o outro día" inda que xa pasase bastante tempo...), íamos facer a comida e abrín unha bolsa de patacas para fritir unhas poucas.
No medio de todas as patacas comúns, estaba ela: unha pataca contorneada, cunha fermosa forma. Era un corazón.
Agora entendo por qué ó corazón lle chaman pataca.
Pensei que o seu destino debía ser outro que acabar no prato servíndome de alimento. Así que salveina e púxena adornando a cociña.
Pero foi pasando o tempo, e empezouse a enrrugar, xa no
n era tan fermosa e corría o perigo de apodrecer. Entón, antes de que se puxese peor, decidín facer con ela o mesmo que coas demáis: comela.
Parece que o seu destino era ese, e non puiden cambialo inda que o tentei. ¿Pasará sempre o mesmo? ¿Teremos un destino fixado que non podemos modificar, ou ímolo cambiando ó longo do tempo coas nosas decisións?
Ahí vos deixo iso para que reflexionedes, e xa me contaredes.

3 comentarios:

Belgarath dijo...

Uiii!!! delitiña eses aires do sur fanche un pouquiño de daño non? planteas unhas prejuntas un pouco peliajudas.
Pois eu non sei o que crer... unhas veces creo que temos un destiño pero outras que o podemos modificar, depende do meu estado de animo,jejeje.Bicos delitiña

ali dijo...

Vaia, vaia, volveusenos toda unha pensadora a nosa deli,:p,
Pois eu en certo modo estou convencida que todos temos un destino fixado, ainda que as veces nos acomodemos con algo e creamos que é o mellor ainda que non estemos de todo satisfeitos, pero creo que a pesar de que un intente cambiar por que sexa doustra maneira seguro que non a de ser así, creo que dentro do que cabe todo está marcado ainda que pequenos cambios ou decisións poidan facer que as cousas collan outro camiño, pero seguro que o largo do camiño algún cruze nos levará a ese destino incerto que temos cada un de nos... eu creo dentro de todo que o que ten que ser será sexa antes ou despois, só que as veces parece que nos volvemos cegos e ainda que sepamos que as cousas teñen que ser así insistimos en mantelos pechados. Por exemplo eu son das que penso que se alguen ten que ser de alguen a de selo tarde ou cedo, que cando rematas nun sitio o final tiña que ser... dios a min sentame moi mal isto de traballar polas noites,je!! pero se estou aquí será... (pois non o sei,je!!)
Pero bueno, tamén opino un pouco como Dami, moitas veces depende do día que un teña,je!!

Pois nada, un biquiño corason de pataca.

P.D. xa lein o teu comentario, o que pasa que inda non che contestara, pero bueno, que o fin e o cabo pensamos o mesmo, que carallo!! xa sabes de sobra como son e todo o que penso, son como un pequeniño libro aberto:P.

Biquiños miña DE

Ireniña dijo...

Bueno, bueno, bueno... Ola corazón, sei que non paso moi a miúdo por este rinconciño teu, pero son moitas as veces que penso en ti miña pequena e en como che irá por esas terras, o que nunca dubido e que estarás estupendamente... Pero a ver cando te perdes por aquí outra vez... jeje Bicasos. Quérote...

E como non, tamén aproveitar para entrar nesta vosa reflexión do destino ou non das nosas vidas. O único que sei é que todos temos un mesmo final e como chegar a el só depende de nós. Non creo que exista un libro escrito ó redor de como viviremos, senón que este se escribe a medida que nos camiñamos. As nosas decisións son as que determinan que a nosa vida vaia nunha ou noutra dirección. Sempre nos atopamos con desicións que tomar, e tomar unha ou outra é o que fai que sexa imposible que estea determinado esa distancia entre o presente actual e o final.

A pataca pudo ter outro destino, ti decidiches que servira como alimento. Pero, sempre quedará a dubida de que tería pasado se a utilizaras coma semente... quizáis te despertaras con máis corazonciños... jejeje