Corazón de pataca.

domingo, 17 de mayo de 2009

3 comentarios  


O outro día (bueno, xa sabedes que sempre se di "o outro día" inda que xa pasase bastante tempo...), íamos facer a comida e abrín unha bolsa de patacas para fritir unhas poucas.
No medio de todas as patacas comúns, estaba ela: unha pataca contorneada, cunha fermosa forma. Era un corazón.
Agora entendo por qué ó corazón lle chaman pataca.
Pensei que o seu destino debía ser outro que acabar no prato servíndome de alimento. Así que salveina e púxena adornando a cociña.
Pero foi pasando o tempo, e empezouse a enrrugar, xa no
n era tan fermosa e corría o perigo de apodrecer. Entón, antes de que se puxese peor, decidín facer con ela o mesmo que coas demáis: comela.
Parece que o seu destino era ese, e non puiden cambialo inda que o tentei. ¿Pasará sempre o mesmo? ¿Teremos un destino fixado que non podemos modificar, ou ímolo cambiando ó longo do tempo coas nosas decisións?
Ahí vos deixo iso para que reflexionedes, e xa me contaredes.

Xa van 26 cumpleanos.

sábado, 2 de mayo de 2009

5 comentarios  

Inda que pareza mentira, xa son 26 primaveiras as que levo vividas... cómo pasa o tempo, ¿verdade?

Como é tradición, soplei as veliñas, postas nunha tarta xelada de whisky :P, mmm... ¡¡qué rica!!

Cantoume o Cumpreanos feliz, e tamén tiven o meu regaliño, jijiji... como son tan boíña... regaláronme a radio para o meu fermoso iPod nano cor naranxa.
Recibín os 26 aniños traballando, un pouco resfriada (pero tranquilos, non teño a "gripe porcina", só foi o exceso de sol na Feria de Abril), pero polo demáis non noto diferencia cos 25, inda que me gustaba esa cifra...
O que sí noto é que estes anos voan... ¡¡Hai que aproveitalos!!! E como din en Fama: "VIVE LA VIDA" (unha pequena friquillada) :P

¡Ata pronto!