Melón (Ourense, 2006)

jueves, 8 de mayo de 2008

 


Un día de decembro, Ali e eu decidimos ir dar unha volta por aí, e emprendemos a viaxe rumbo a Ourense, pero paramos moito antes de chegar, nun pobo pequeniño chamado Melón, xusto ó entrar na provincia.
Ese día facía frío, e estaba todo cuberto da xeada da noite, como podedes observar pola nosa indumentaria nas fotos.

Alí visitamos a fervenza do Tourón, no río Cerves. Costa un pouco chegar, xa que hai que seguir unha ruta a pé, pero vale a pena.

Despois estivemos nas ruínas dun antigo mosteiro, que polo que se ve, debeu ser moi fermoso, porque inda o segue sendo, a pesar do seu estado. (Din que van facer un parador ou hotel alí).

Ese día tamén nos acercamos a Ribadavia (onde comemos). É unha vila que me gusta moito. Estivemos paseando polo barrio xudeo, e despois dirixímonos hacia o castro de San Cibrán de Lás (que non demos poucas voltas para atopalo...), e xa por último visitamos o Mosteiro de San Clodio, inda que xa era de noite e non se miraba moito.

Paseino ben ese día, inda que acabei cansa de tanto paseo.

1 comentarios:

Pelusilla dijo...

Hei!! Miña De!!

Pois si que o pasamos ben, a verdade e que foi un bo día, con moitas voltas para dar cos sitios, pero un bo día non quepa duda,je,je!! Temos que facer máis deses, hai... canto vos voto de menos:(

Un biquiño, este blog dame a vida!! cos recordos, en serio,:)