Aveiro (Portugal)

domingo, 15 de junio de 2008

 



En abril de 2007 fomos de viaxe a Aveiro (Portugal), tamén coñecida como a Venecia portuguesa (polas súas barcas típicas, que teñen certo parecido coas góndolas e os seus canais), inda que eu creo que non ten punto de comparación.
A viaxe fíxose un pouco longa, pero inda así pasámolo ben. Demos un paseo pola cidade, comemos uns bocadillos nun parque, e fixemos unha viaxe nunha barca típica da zona pola ria( inda que a verdade a min non me gustou moito o paseo en barco, pasamos moito frío, aparte de pequenas molladuras polas salpicaduras da auga).
Tamén visitamos a estación de autobuses, con paredes cheas de azulexos azuis que amosaban diferentes oficios da cidade(ou pobo), e as praias.
Pasámolo moi ben, inda que acabamos cansos de tanto coche.

Aquí vos deixo unha mostra das fotos que fixemos nesta viaxe, a ver se vos gustan. A última foto é a cara de pena de Dami por non poder vir.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

a verdade e que se fixo un pouco larga a viaxe, ademáis de que nunha zona tompamos algo de trafico, se non me equivoco. Pero estivo ben, e nas barcas inda que pasamos un chisco de frio, ou bastante, tiñamos que ir, se non era algho que nos quedaría pendiente, xa que ibamos polo menos ir nunha das embarcacións tipicas, pero a verdade que estivo ben, inda que sempre vas con espectativas de topar algo mais espectacular, sobre todo se che contan algo do sitio antes dir, pero bueno a min gustoume igual.

Por certo, se non puxeche algunha das fotos pq salia torres e tiñas medo de que me parecer mal, non te preocupes,je,je!! que non me importa, ademáis se non me equivoco, creo que salgo en practicamente en todas pegada a el, menudos tempos nos que cria que estaba enamorada :P, pero bueno.. ainda así teño bos momentos, inda que tamén moitos malos. O outro día acordeime del un chisco por unhas fotos que estaba vendo... menuda ida de olla

Cambio de tema, unha boa viaxe a verdade, teño moitas ganas de veros xa, sobre todo cando vexo o teu blog

Anónimo dijo...

Jejeje, non te preocupes, simplemente non puxen certas fotos porque non me apetece a min velo no meu blog, non creo que se mereza sair nel :P

E si, saes en case todas pegada a el; a pena é que non temos ningunha as catro xuntas, pero bueno, iso sempe pasa.

A ver se nos vemos pronto. Biquiños.

Anónimo dijo...

Como nese tempo inda non estaba enganchada ó ganchillo a min a viaxe tamén se me fixo longa, e tamén levei unha decepción co lugar (culpa do moi ben que nos falaron do sitio, pois o final xa te esperabas atopar con Venecia...) pero de todas formas foi moi bunito... gardo moi bos recordos... e nestas fotos tamén tiña inda as miñas gafas de sol... snif... snif....

Bueno, agora que vos vades todas e outras traballan, pois Lore máis eu teremos que buscar entretemento xuntas...jejeje

LM dijo...

noraboa!beijos