El Rocío en Sevilla (2007)

viernes, 20 de junio de 2008

0 comentarios  



A principios de maio, as Hermandades del Rocío saen en peregrinación dende a súa sede ata El Rocío, na aldea onubense de Almonte. Fan o camiño a pé, a cabalo e en carretas (atabiadas con todo luxo de detalles) tiradas normalmente por bois.
En cabeza da peregrenación, vai a carreta que porta o Simpecao coa imaxe da Virxe do Rocío bordada con fíos de ouro, etc (é parecido ó que aquí chamaríamos banderín, pero moito mais luxoso), igual que a carreta que o leva.

Fun mirar a súa saída de Sevilla, e a verdade é que me gustou moito o ambiente, de festa todo o camiño, entre cante, palmas, tamboril, flauta, guitarras... e como non, o baile.

Aquí vos deixo unhas fotos pra que vexades o ambiente e o colorido, e tamén un video moi curto para que o vexades mellor.

Espero que vos guste.

Unha boa nova.

lunes, 16 de junio de 2008

8 comentarios  

Fago un pequeno paréntese no percorrido polas viaxes neste blog, para contarvos algo moi importante para min.
¡¡¡ Aprobei todas!!!

¡¡¡ SON ENFERMEIRA!!!
Bueno, fáltanme 3 meses de prácticas que farei despois do verán, pero iso non me preocupa, xa que non é por presumir, pero dáseme ben. Pero o máis difícil e duro xa está feito.

Moitas gracias ós que me apoiaron sempre e me deron forzas para seguir, en especial a unha persoa, que o fixo dende o principio con todo o seu corazón. (Ti xa sabes quen es).

Aveiro (Portugal)

domingo, 15 de junio de 2008

4 comentarios  



En abril de 2007 fomos de viaxe a Aveiro (Portugal), tamén coñecida como a Venecia portuguesa (polas súas barcas típicas, que teñen certo parecido coas góndolas e os seus canais), inda que eu creo que non ten punto de comparación.
A viaxe fíxose un pouco longa, pero inda así pasámolo ben. Demos un paseo pola cidade, comemos uns bocadillos nun parque, e fixemos unha viaxe nunha barca típica da zona pola ria( inda que a verdade a min non me gustou moito o paseo en barco, pasamos moito frío, aparte de pequenas molladuras polas salpicaduras da auga).
Tamén visitamos a estación de autobuses, con paredes cheas de azulexos azuis que amosaban diferentes oficios da cidade(ou pobo), e as praias.
Pasámolo moi ben, inda que acabamos cansos de tanto coche.

Aquí vos deixo unha mostra das fotos que fixemos nesta viaxe, a ver se vos gustan. A última foto é a cara de pena de Dami por non poder vir.

Ribada 2007

jueves, 5 de junio de 2008

2 comentarios  



Neste ano fomos por primeira vez á festa da Ribada, en Baiona. É unha festa medieval na que se conmemora a chegada ó pobo da carabela Pinta. Baiona transfórmase nun pobo medieval, engalanado con todo tipo de adornos do medievo, e con postos de todo tipo: comida, produtos artesanais, coiro, cestería... Ó fin da festa, poñen fogos artificiais na praia (que vos mostro nas fotos).
Gústanme moito as festas medievais, e ésta está moi ben. Recoméndovola a todos.

Concurso de Baile.

4 comentarios  


Uns días despois da nosa excursión, acompañamos a Dami a un concurso de baile á Estrada.

De camiño paramos de novo na Fervenza e Fábrica da Luz, para amosarlla a Dami, que non puido vir con nós por motivos de traballo; e de seguido fomos para A Estrada, a comer e a ver os grupos de baile participantes. A verdade é que non recordo quenes foron premiados, como xa hai bastante tempo... se o queredes poñer nos comentarios, se alguén se acorda...

Excursión (marzo 2007)

miércoles, 4 de junio de 2008

6 comentarios  



Esta vez saímos de excursión buscando unha serie de sitios que non atopamos. Pero inda así, pasamos un bo día, xa que atopamos outros polo camiño que tamén eran fermosos.

Primeiro estivemos nas Fervenzas da Fábrica da Luz, en Caldas de Reis, dando unha volta polos arredores, e ríndonos unha chea, cando Ali esvarou no verdín e manchouse todo o pantalón. Foi un acontecemento inesperado que nos inspirou toda unha tarde de cachondeo sobre o tema.

Comemos en Lalín, e despois dirixímonos a Monterroso. Nun pobo de paso, atopámonos cuns bois pola rúa, cousa que xa é rara de atopar, e como non, tivemos que fotografiala, igual que unha inscripción moi curiosa na porta dun cemiterio (fixádevos na foto, é moi curioso).

Como vedes, foi un día movidiño, moito coche dun lado para outro, e pasámolo moi ben.