Despedida

miércoles, 12 de marzo de 2008

2 comentarios  




Fago un pequeno paréntesis no percorrido polas nosas pequenas viaxes para plasmar no blog unha noticia triste para nós: a marcha da nosa amiga Ali a Madrid, por cuestións de traballo. Marchou o 28 de febreiro, e dende ese día votámola en falta.

O día antes da sua marcha, démoslle unha pequena sorpresa: unha festiña chea de globos cunha pancarta co camiño de volta (por se se lle olvida), e un regalo (fotos de todos) para que non se olvide de nós. Aquí vos deixo constancia da sorpresa nestas fotos.

Esperamos que lle gustase e lle fixese ilusión, (e que nos vote un pouquiño de menos :) )

Que todo che vaia ben por eses paraxes e que volvas pronto por aquí.

Monte Aloia

domingo, 9 de marzo de 2008

0 comentarios  


Un día de xuño do 2004, intentando atopar as Gándaras de Budiño (entre Vigo e Porriño), cansados de dar mil voltas no coche e non chegar a ningún sitio, decidimos cambiar de rumbo, e acercarnos ata o Monte Aloia, en Tui. No camiño, tivemos un pequeno percance no coche, e nunha isleta, a nosa conductora Ali reventou unha roda (jajajaja, qué risas nos votamos), e tivemos que deternos a cambiala (hai imaxes ilustrativas dese momento).
Despois desa pequena parada obrigatoria, seguimos o noso camiño ata chegar a Tui. No monte dedicámonos a xogar coma pequenos no parque que hai alí, e a pasear e disfrutar das vistas á desembocadura do Miño.
Pasamos un bo dia, a pesar de non conseguir chegar a onde queriamos nun principio, pero ese outro destino estivo moi ben tamén.

Comida no monte

viernes, 7 de marzo de 2008

2 comentarios  


Unha fin de semana de maio, cando o calor xa empeza a aparecer, fomos comer ó monte. Despois dunhas cantas voltas no coche buscando o lugar "ideal" para comer tranquilamente, acabamos nunha pequena carballeira acondicionada con mesas, bancos, asadores... cerca de Castiñeiras, e por fin nos decidimos a quedar alí.
Como vedes, ibamos ben preparados, ata levamos amaca ( que estivo ocupada por duas elementas a maior parte do tempo) e axedrez...

Pasamos un bo dia ó aire libre, protexidos do sol polos carballos, e disfrutando da natureza.

Curso de cultura tradicional galega, Lugo 2004

0 comentarios  



Na Semana Santa do 2004 fomos a Lugo ó curso de baile, ó que levabamos indo xa uns cantos anos. Ese ano dounos clase Luis Prego, pero, desafortunadamente, non existen fotografías que ilustren eses momentos, só unhas poucas no tempo que pasabamos no hostal, entre unha e outra clase.
Qué bos recordos...

Unha tarde en Pontecaldelas

viernes, 29 de febrero de 2008

0 comentarios  



Outro fin de semana dese mesmo mes de abril, acercámonos a dar unha volta a Pontecaldelas, en Pontevedra, polas marxes do río Verdugo, que atravesa a vila. Levounos ata alí Ali, que xa coñecía o sitio. Tamén visitamos a Carballeira de Caritel, onde se celebra unha romaría, e na que hai fontes que nacen alí mesmo, e das que din que son boas para a saúde.

Lembro que pasamos un bo día por esas paraxes.

Creo recordar que hai mais fotos dese día, a ver se as atopo e as engado.

Nos muíños do Río Baroxa

jueves, 28 de febrero de 2008

0 comentarios  



No 2004 faciamos moitas excursións nas fins de semana. Unha delas foi esta, en abril, a uns muíños que hai a medio camiño entre Moraña e Caldas de Reis, en Barro. Son muíños restaurados ó carón do río, cuns pequenos saltos de auga. O sitio está ben para pasar alí unha tarde, ou para ir a comer alí, incluso para darse un baño nas frias augas do río. Estas son as poucas fotografías que fixemos alí.

O corredor do Morrazo.

viernes, 8 de febrero de 2008

1 comentarios  


Hoxe, de camiño ó exame, fixeime en que no corredor había varios animais mortos na estrada, e iso púxome triste. A verdade é que é común atopar animais atropelados nesa estrada (e en calquera outra), e pregúntome porqué non poñen mais medidas para que os pobres animaliños non rematen a súa vida desa maneira, porque, xa que nós destrozamos o seu hábitat, ¿por qué non evitar polo menos a súa morte? ¿Non credes que somos demasiado agresivos coa natureza, gracias á cal vivimos? Sei que as estradas son necesarias para a mellora das comunicacións, pero iso non quita que fagamos todo o posible para que repercutan o menos posible no noso entorno, e así facer algo mais para preservar mellor o planeta, e evitar que poidan chegar a desaparecer especies animais que agora hai nos nosos montes.

A Praia das Catedrais

sábado, 2 de febrero de 2008

2 comentarios  


De camiño a Asturias, na viaxe da que falo no post anterior (no 2004), paramos na Praia das Catedrais, en Lugo; e tivemos sorte, xa que topamos a marea baixa e puidemos mirala enteiriña, cousa que non me pasou outra vez que fun por alí...

Recoméndovola a todos, parece incrible o que pode facer a natureza. Verdadeiramente fermoso.